04 de agosto de 2009
04.08.2009
Memoria histórica

"Me matan por ser bueno"

Alonso Montero recopila cartas de despedida de republicanos condeados a morte

04.08.2009 | 03:31
Xesús Alonso Montero recopilou ata 120 cartas de republicanos asasinados en Galicia.

"Me matan por ser bueno. Me matan porque yo no quiero que andedes descalzos". Esta é unha das últimas frases que o socialista Manuel Estévez Gómez adicou á sua muller e fillos antes de morrer e que recolle o libro "Cartas de republicanos galegos condenaos a morte. 1936-1948", de Xesús Alonso Montero. O protagonista da misiva morreu loitando por " un mundo no que non se pasara fame, como todos os socialistas", afirma o seu autor, que leva dende o 1966 recollendo información sobre as derradeiras testemuñas dos fusilados republicanos para poder mostrar a situación política da época e os sentimentos dos milicianos. Todos escribían ós seus seres queridos minutos antes da súa morte para que comprenderan ben as circunstancias.
Montero quere facer xustiza achegando ós lectores as mensaxes de120 cartas, das que 50 son inéditas. O libro inclúe tres testamentos entre eles o de Heraclio Botana, un socialista vigués que reafirmou o seu ateísmo e o amor pola súa muller coa que non estaba casado. Sen embargo, él loita por deixarlle os seus bens.
A primeria carta do libro data do 25 de xullo de 1936. Pertence ó gobernador civil da Coruña. "Gracias a Deus morreu sen saber o que lle estaban facendo á sua muller, Juana Capdeveille " di o escritor, que aegura que os nacionalistas "levárona a Lugo onde a violaron e a torturaron aínda estando embarazada".
As últimas cartas tamén pertencen a dous dirixentes comunistas coruñeses, que foron asasinados no Campo da Rata, José Gómez Galloso e Antonio Seoane. Galloso contalle á sua esposa Concha as torturas das que está sendo víctima: "Non podo casi escribir porque teño as mans destrozadas".
Por todas estas barbaries contra os comunistas escribiu Montero o libro. "O meu deber é achegar a todos o que acorreu", asegura o escritor, quen denuncia que "a xerarquia eclesiástica sabia que existía a tortura e non levantaba un dedo contra ela".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia