Se as forzas de seguridade, a Administración do Estado na comunidade e as empresas ficaban moi lonxe de obter un índice de normalización lingüística (INL) alto, pola contra, as tornas cambian cando o Observatorio mira cara as institucións autonómicas e, sobre todo, o ensino. Así, segundo recolle o estudo, a Xunta de Galicia chega a un índice de 78,14, só superado polos concellos (78,28), outras institucións estaturias (85,91), e, por enriba de todas elas, coa mellor puntuación, os centros de ensino non universitarios (88,01). No referente á universidade, esta acada un INL do 71,98, mentres que debaixo desta cifra se atopan os hospitais (63,9), os centros de saúde (61,08), as asociacións (56,75) e as entidades deportivas (55,45).