Galardón dobre a Fillas de Cassandra nos I Premios da Industria Musical de Galicia
«Hibernarse», distinguido como mellor videoclip e mellor identidade visual
REDACCIÓN
A Asociación Galega das Empresas Musicais (AGEM) celebrou onte na sala Capitol de Santiago a gala de entrega dos I Premios da Industria Musical de Galicia, que recoñeceu o labor dos profesionais do sector con 17 galardóns. Dous deses recoñecementos foron para Fillas de Cassandra, dúo vigués que viu recoñecido por partida dobre «Hibernarse», como mellor videoclip e identidade visual.
O resto das catorce categorías xerais, seleccionadas por un xurado profesional, premiaron a Feira, de De Ninghures, como mellor producción discográfica; Síntese horizonte, de Guadi Galego, como mellor posta en escena; Diluvio, de Tanxugueiras, como mellor diseño de iluminación; La máquina del buen rollo, de The Rapants, como mellor implementación de son; Xabi Carnota, como mellor profesional de produción; Kin Martínez, como mellor manager; Julio Gómez e Luis Campos, de Sinsalaudio, como mellor promotor / programador; Bring the Noise como mellor proxecto de comunicación polo Resurrection Fest; Vacaline, como mellor empresa proveedora de servizos; Surfing the Lérez, como mellor evento cultural / musical; o Festival de la Luz, como mellor proxecto de sustentabilidade, e a Sala Capitol, como mellor espazo musical.
Na gala, presentada por Tamara García Romero, tamén se entregaron o premio a o artista do ano, que foi para Carlos Ares, e o de persoa do ano, para Francisco Gómez, Gandy. Surfing The Lérez tamén recibiu o premio á excelencia na experiencia do público logrado nunha votación popular.
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- La Clínica Pintado se despide tras 70 años dando a luz a miles de vigueses
- Una cuidadora que volvía de trabajar y un obrero jubilado: un mortal accidente de tráfico que consterna a todo un pueblo
- Calamar, pota, potón: ¿Quién pesca el qué, dónde y en qué condiciones?
- «A los niños ya no se le caen los dientes»
- La rotura de un colector obliga a cerrar de forma urgente una calle del centro de Vigo durante 15 días
- Un buque ro-ro de 200 metros de eslora solicita asistencia a 8 millas de la ría de Vigo