CINE
Novo premio para o vigués Guillermo de Oliveira e a súa curta «Cara de cona»: mellor montaxe nos premios Fugaz
No filme, actúan Diego Anido, MiloTaboada ou Nancho Novo que dan vida a tres veciños dunha aldea galega

Foto dunha escena de "Cara de cona", con Diego Anido. / FdV

A curta premiada no Festival de Cans «Cara de cona», do director vigués Guillermo de Oliveira, fíxose con outro destacado galardón: o da mellor montaxe nos Premios Fugaz. Estes están dedicados de xeito exclusivo ás pezas de curta duración.
A historia lévanos ata unha aldea da Ribeira Sacra. Alí, o personaxe de Milo Taboada (Moncho) vive tranquilo ata que chega un novo veciño á zona: trátase do personaxe de Diego Anido (Pablo Pardavila). Tamén actúa Nacho Novo que logrou recoñecemento cunha distinción en Cans.
A pesar de empezar dende cero na aldea, este comeza a ser querido polos aldeáns mais Moncho non se atopa entre os seus fans. Pouco a pouco comeza a crecer nel un odio contra el e o seu sorriso. Tamén empeza a nacer un desexo: levalo por diante sexa como sexa. En Cans, logrou o premio do público.
Rodada na Ribeira Sacra
A curtametreaxe foi gravada nas vilas de Pantón e Sober (Lugo) así como nas aldeas de A Barca, Frontón e Lordís.
Guillermo de Oliveira xa prepara o thriller «A morte nos teus ollos», rodado en Galicia e que será a súa vindeira longametraxe. Está producido por Atresmedia Cine, Sideral e Sétima.
«Montecarlo 67», a gran triunfadora
Pola súa parte, a curta «Montecarlo 67» foi a máis premiada desta edición. Logrou oito premios, entre os que se atopa o de mellor dirección, mellor interpretación masculina ou mellor fotografía. Dirixiuna Rubén Guindo.
Como curta de animación, gañou «El fantasma de la quinta» e «Sorda», o de mellor longametraxe.
Suscríbete para seguir leyendo
- Adiós a los conciertos de verano en los chiringuitos de Vigo
- La concesionaria del Cunqueiro cierra por primera vez el año con números rojos
- «Hemos visitado colegios y sorprende que niños de primaria no sepan identificar un pez tan característico y gallego como el rape»
- El Concello de Vigo prohíbe la pantalla de la Diputación en Praza da Estrela para ver el España-Bélgica y Luisa Sánchez lo achaca al «sectarismo» del alcalde
- La Guardia Civil confirma que la mujer de A Portela, en Bueu, llevaba tres semanas muerta en su casa
- Condenan al Sergas por la extirpación «a ciegas» del útero a una joven de 33 años en Vigo
- Borja Iglesias: «Tras mi debut en el Mundial, Claudio me hizo llorar con su mensaje»
- Detenido un conocido estafador venezolano por un intento de fraude a una empresa de Moaña