En 1919, as Irmandades da Fala decidían celebrar o 25 de xullo o "Día de Galicia". Con distintas denominacións dende entón -incluidas as relativas ás patrias e matrias máis recentemente- FARO DE VIGO sempre cubriu nas súas páxinas cunha información especial.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO
En 1919, as Irmandades da Fala decidían celebrar o 25 de xullo o "Día de Galicia". Con distintas denominacións dende entón -incluidas as relativas ás patrias e matrias máis recentemente- FARO DE VIGO sempre cubriu nas súas páxinas cunha información especial.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1854)
O primeiro 25 de xullo no que FARO DE VIGO xa estaba á venda estivo marcado pola Revolución de 1854 -a Vicalvarada- e os enfrontamentos entre Espartero e O'Donell, entre outros.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1899)
O xa Decano da prensa galega chegaba ao seu número 1.000 celebrando a inauguración da liña ferroviaria entre Carril e Pontevedra, que permitía a conexión en tren entre Santiago e Vigo.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1920)
As crónicas da época narran os actos do 25 de xullo de 1920, no primeiro ano no que o Día de Galicia foi festexado polas irmandades da Fala. Fogos artificiais, bailes e autoridades coparon Compostela
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1923)
O Patrón de España xa comezaba a compartir data co "Día de Galicia", estendéndose a tradición grazas á citada labor das Irmandades. Sobresae
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1926)
A primeira das alegorías debuxadas por Camilo Díaz Baliño para FARO, cun texto en galego-portugués
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1927)
A segunda alegoría de Camilo Díaz Baliño para FARO representaba aos touros da Raíña Lupa conducindo os restos do Apóstolo ata o Libredón
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1928)
Os cabaleiros rumbo a Santiago serían os protagonistas da terceira alegoría de Díaz Baliño, cun peso importante do antigo Reino da Galiza.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1931)
Gil de Vicario representaría ao Apóstolo co seu cabalo branco coa chegada da República
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1936)
O Golpe de Estado do 18 de xullo marcou a nova situación en Galicia e España, pero anticipando o que sería esta data nas seguintes décadas
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1939)
O General Moscardó, responsable da conquista do Alcázar de Toledo, representaba ao novo xefe de Estado tras a Guerra Civil nunha ofrenda ao "milagro de la fe y la patria"
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1940)
Xa co réxime de Franco plenamente instaurado e no medio da II Guerra Mundial, os actos centrábanse na ofrenda nacional ao Apóstol Santiago.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1948)
Dende este ano, Francisco Franco sería un habitual na ofrenda ao Apóstolo en Santiago. Sorprendentemente, a portada tería unha parte en galego malia a censura.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1954)
Franco regresaba a Santiago para celebrar o Ano Xacobeo nuns días de festa grande polo "patrón de Europa"
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1971)
O derradeiro Ano Xacobeo do ditador estivo marcado polo proceso de Burgos e a congregación de milleiros de feligreses en Compostela.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1976)
O Rei Juan Carlos falaría en galego aos emigrantes na súa primeira visita como Xefe de Estado
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1979)
Coa opinión de Álvaro Cunqueiro, Valentín Paz Andrade ou Camilo Nogueira, o FARO celebraba o primeiro Día Nacional de Galicia -nome apobado de xeito oficial en xaneiro- recuperando a lingua galega para a portada
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1982)
Unha mensaxe do flamante presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, a imaxe do Apóstolo rezando e a actualidade política centraban o primeiro Día de Galicia con Estatuto
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1984)
Gerardo Fernández Albor pedía "pola unión" de Galicia mentres Fraga pechaba o seu futuro político con Alianza Popular. Un investimento millonario contra a droga e o histórico convenio entre o Celta e Citroën serían testemuña do nacemento da Televisión de Galicia.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1989)
Norma Duval na TVG e o daquela Príncipe Felipe na súa primeira ofrenda ao Apóstolo. Os convulsos anos 80 non se podían despedir doutro xeito.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1990)
O Príncipe Felipe acompañaba a Manuel Fraga no primeiro acto institucional da Xunta polo Día de Galicia. Mentres as novas facultades universitarias chegaban a Vigo e Ourense, Manuel Soto cargaba contra a TVG no seu quinto aniversario
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1991)
O nacionalismo comezaba os 90 dividido mentres continuaba a crise económica. Aquel día o FARO entregou un especial lembrando ao seu ex-director Álvaro Cunqueiro mentres Indurain gañaba o seu primeiro Tour
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1995)
O quinto centenario da USC, os GAL e a chegada de Eusebio a un Celta que comezaba unha nova tempada.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (1999)
Os reis realzaban o Xacobeo cun Consello de Ministros moi especial e Juanfran chegaba ao Celta
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (2000)
Investimentos para Vigo e Castelao no plano local, Figo e Jesuli como grandes nomes do mercado de fichaxes no fútbol.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (2002)
O alcalde da cidade reclamaba mellores no tren e en Peinador nunha tónica habitual dende a chegada do euro ese ano. Oasis poñía a bailar a Castrelos e pechaba Pluton Park, o primeiro parque de atraccións de Galicia.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (2003)
8 meses despois da traxedia do Prestige, a Xunta recoñecía que non sabía que facer con 70 toneladas de fuel. O Plan Xeral xa falaba da chegada de Ikea a Vigo mentres o Celta da Champions comezaba a súa rodaxe
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (2004)
Fraga afrontaba o seu último Día de Galicia como presidente, respaldado polos Reis no primeiro Xacobeo do milenio. Por outra banda, o Goberno continuaba acusando os retrasos no AVE a Galicia e especulábase con recuperar Beiramar
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (2005)
Anxo Quintana, a piques de convertirse en vicepresidente da Xunta, comparte portada con un Fernando Alonso camiño do seu primeiro mundial e un Lance Armstrong que se despedía do Tour
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (2006)
O bipartito comezaba a amosar as súas diferencias mentres Óscar Pereiro regresaba a Galicia coma un heroe do Tour. Ademais, o decano entregaba o primeiro mapa de Galicia da historia
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (2009)
Alberto Núñez Feijóo cumpría 100 días como presidente da Xunta e Arthuro e Botelho pechaban o plantel do Celta mentres España rexistraba o seu quinto falecemento por Gripe A.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (2010)
Unha entrevista en profundidade a José Blanco, daquela ministro de Fomento, e o futuro das caixas galegas, marcaron o último ano Xacobeo ata hoxe. Foi unha das últimas visitas do rei Juan Carlos a Compostela.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (2013)
O gravísimo accidente do Alvia en Angrois ás 20:41 do 24 de xullo protagonizou a portada máis difícil do último século
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (2014)
A lembranza da traxedia de Angrois e as negociacións entre Concello e Deputación pola reforma de Balaídos centraron o 2014
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (2020)
A portada da pandemia estivo marcada pola saúde. Por un lado, os profesionais sanitarios que recolleron a Medalla de Ouro de Galicia. Por outra parte, o recoñecemento a Alejandro Gómez como Vigués Distinguido despois de ser diagnosticado de cancro.
O Día de Galicia a través das portadas de FARO DE VIGO (2022)
As Medallas de Galicia aos protagonistas do Camiño de Santiago, o futuro da pesca, as vítimas do Alvia de Angrois e os lumes forestais. O último número do Decano neste Día Nacional de Galicia sendo, contigo, cada día máis.
En 1919, as Irmandades da Fala decidían celebrar o 25 de xullo o "Día de Galicia". Con distintas denominacións dende entón -incluidas as relativas ás patrias e matrias máis recentemente- FARO DE VIGO sempre cubriu nas súas páxinas cunha información especial.