O centro atópase nun val, no núcleo rural de O Casal, lugar da Parroquia de San Xulián de Guláns, pertencente ao Concello de Ponteareas ( Pontevedra ), a unha distancia de 5 Km da cabeza do municipio e a uns 26 km de Vigo. Dita parroquia conta con 753 habitantes ( dato do IGE, 2013 ), distribuídos en 23 entidades de poboación, nas que a maioría das vivendas son de tipo unifamiliar agrupadas enbarrios dispersos.

Polo que respecta ao nivel socioeconómico da poboación de Guláns, pódese considerar de clase media-baixa.

En canto á situación sociocultural, a parroquia de Guláns conta con diversas instalacións e actividades culturais, entre as que se atopan:

  • A Casa da cultura “A Avisoureira”, que conta concafetería, salón de actos, biblioteca, sala de ordenadores conacceso a internet, zona de recreocon pistas deportivas, parque infantil...
  • A Banda de Música “Unión de Guláns”
  • Escola privada de música dependente da Banda de Música “Unión de Gláns” e autorizada polaConsellería de Educación, á que asisten moitos/as dos/as nosos/as alumnos/as.
  • “Asociación Cultural de Guláns”, que organiza actividades tales como bailes de salón, cursos diversos, actuacións, espectáculos…
  • “Comunidade de Montes San Cibrán”, que realiza unha labor importantísima de conservación do medio natural e subvenciona actividades e obras para toda a parroquia.
  • “Rancho de Reis de Guláns”, que mantén vivo un baile ancestral típico do día de Reis.

​O centro, construído en pedra en dous niveis, data do ano 1959, e está conformado por dous edificios, rodeados, un deles dun patio e o outro, de dous, un dos cales é cuberto. Conta, con 6 aulas de primaria, 2 de infantil, 1 de música e inglés, 1 de AL e PT, unha biblioteca, 1 patio cuberto e 2 patios exteriores.

Actualmente o centro ten con 14 mestres e mestras.​

  •  Dirección: O Casal, S/N - Guláns (36861) - Ponteareas