Na Casa Galega da Cultura de Vigo pódese contemplar a mostra 60 pezas para sesenta anos coa que a Fundación Penzol celebra os sesenta anos do seu nacemento. Por mor desta conmemoración presenta unha escolma con algúns dos seus tesouros: escritos medievais en latín e en galego; primeiras edicións de libros de Rosalía e Curros ou manuscritos como o orixinal de Arredor de si de Otero Pedrayo.
