Laxeiro e a arte da súa época, mostra que pecha o ano de dedicado ao pintor por mor da celebración do Día das Artes Galegas, ofrece un diálogo atraente entre a pintura de Laxeiro (Donramiro, Lalín, 23 de febreiro de 1908-Vigo, 21 de xullo de 1996) e unha importante selección de artistas que serven para situar a obra do pintor nun tecido de relacións e contextos que enriquecen a percepción da súa arte.
