Ver más galerías relacionadas
XPonte
Ver galería >“Isto é un paraíso!”, dicíalle Loli a Conchita coa vista perdida nas pedras do mosteiro que comezaban a albiscarse entre as follas dos árbores na baixada desde o Cruceiro de Aguiar cara a Ponte do Demo. Foi, sen dúbida, un dos calificativos máis escoitados entre os camiñantes que, en número de trinta, cubriron onte o Sendeiro do Deza, nunha actividade do programa Silleda Camiña. Este itinerario clásico une as dúas xoias máis (re)coñecidas do turismo dezao: a Fervenza do Toxa e o Mosteiro de Carboeiro.