Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ángel Carracedo, experto en xenética: «Todas as persoas deben ter as mesmas oportunidades de aprender e abrirse camiño na vida»

O xenetista participará no Foro de Educación cun obradoiro no que abordará a importancia biolóxica da diversidade e ofrecerá claves para avanzar cara a unha educación máis inclusiva

Ángel Carracedo

Ángel Carracedo / REAL ACADEMIA NACIONAL DE MEDICI

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vigo

A diversidade forma parte da propia natureza humana. Non hai dúas persoas iguais e, para Ángel Carracedo, un dos grandes referentes internacionais en xenética, entender e valorar esas diferenzas é tamén unha cuestión fundamental no ámbito educativo. Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Carracedo dedicou boa parte da súa traxectoria a estudar aquilo que nos fai diferentes e o papel que desempeña a xenética nesas diferenzas.

No Foro de Educación, trasladará esa mirada ao obradoiro «A importancia da diversidade», no que partirá do seu valor biolóxico para reflexionar sobre como a escola pode respectar as distintas capacidades e necesidades do alumnado. Unha cuestión especialmente relevante nun sistema educativo que, ao seu xuízo, aínda debe avanzar para adaptarse á diversidade, favorecer a inclusión e ofrecer a todo o alumnado as mesmas oportunidades para desenvolver plenamente as súas capacidades.

O seu obradoiro titúlase «A importancia da diversidade». Desde que enfoque abordará este concepto e que relación ten coa educación?

Vou falar da importancia biolóxica da diversidade. Explicar porqué é esencial para a supervivencia e o éxito biolóxico das especies e concretamente porque é esencial para especie humana.

Que papel terá a xenética no obradoiro e que pode axudarnos a comprender sobre as diferenzas entre as persoas?

A diversidade é un diseño da xenética, que é dicir o diseño da vida na terra. Temos mutacións que nos fan diferentes pero que tamén ocasionan problemas pero este é un prezo que temos que pagar pola necesidade biolóxica da diversidade.

Por que é importante falar de diversidade nun foro dirixido a docentes, familias e profesionais da educación?

Creo que os docentes son un colectivo especialmente sensibilizado pola importancia da diversidade, pero progresivamente a medida que se avanza no sistema educativo desde a primaria a bacherelato iste vólvese progresivamente ríxido e respecta cada vez menos esa diversidade que fai que se perda moito talento e se produza unha perda da autoestima e problemas en moitos estudantes.

Tende aínda o sistema educativo a partir de modelos demasiado uniformes sobre como deben aprender, comportarse ou desenvolverse os nenos e nenas?

Alsolutamente. O sistema educativo e mais en tempos de IA, debe cambiar radicalmente en plantexamentos e en contidos. Debe tratar de conseguir que os alumnos comprendan o mundo que lles rodea, ententan que información e válida e como obtela e desenvolvan a suas capacidades de forma plena.

Estamos avanzando cara a unha educación máis inclusiva ou aínda existen realidades e necesidades que non atopan suficiente espazo nas aulas?

Eu creo que si. Antes era raro ver rapaces con unha discapacidade o un problema de saúde na aula e agora vese mais natural. O problema é que as veces son alumnos con problemas que precisan dun profesorado cunha formación específica e tamén, en ocasións, un apoio de persoal especializado na aula e isto ainda ten recursos limitados. O problema e hoxe maior polo incremento dos porblemas de neurodesenvolvimento como TEA ou TDAH.

«O sistema educativo debe tratar de conseguir que os alumnos comprendan o mundo que lles rodea, ententan que información e válida e como obtela e desenvolvan a suas capacidades de forma plena»

Que papel poden desempeñar os docentes e as familias para que os nenos e nenas aprendan a entender e valorar as diferenzas?

O papel dos docentes é vital pero ao papel das familias é tamén crucial. Deben saber transmitir que todas as persoas, cas suas mais diversas capacidades, orixen cultural, xénero o situación social, deben ter as mesmas oportunidades de aprender e abrirse camiño na vida.

Que reflexións, exemplos ou propostas atoparán os asistentes no seu obradoiro do Foro de Educación?

Para min é especialmente importante que entendan o porqué é importante a diversidade desde o punto de vista biolóxico pero tamén desde o punto de vista de progreso, que para min non é outra cousa que avance en dereitos humanos. Cando un estudante con problemas está nun aula e bo para él no sentido da inclusión, pero ainda mellor para o seus compañeiros que así entenden o valor das diferencias e aprenden tolerancia, a axudar aos demais, xenerosidade,e que ninguén e perfecto e que de todos temos que esforzarnos por mellorar.

Tracking Pixel Contents