Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

X FORO DE EDUCACIÓN - FARO EDUCA

Pedro Feijoo: «ContarNos»

Pedro Feijoo, poñente no X Foro de Educación

Pedro Feijoo, poñente no X Foro de Educación / FDV

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Trátase dun obradoiro de creación artística en todos os sentidos. Non é un obradoiro literario, xa que o autor está convencido de que cada un de nós se expresa na canle que mellor considera ou na que se sente máis cómodo para dar a coñecer o que sexa que quera contar. Pero é o importante, xustamente iso. Ter en conta que todos e cada un de nós temos algo que contar.

Que todos levamos algún tipo de verdade dentro e que moitas veces non a sacamos porque non acabamos de identificar cal é a forma correcta ou principalmente porque non lle damos valor a eso que sexa que nós teñamos que contar. O obradoiro consiste xustamente en iso. Primeiro de todo, en recordarnos a nos mesmos que todos temos algo interesante que contar.

E o seguinte punto, o seguinte paso é darlle a rapazada as ferramentas ou darlles a coñecer as ferramentas coas que darlle forma e sacar adiante esa mensaxe. Pero sempre tendo claro que eles son tan válidos e tan valiosos como nos, os supostos creadores xa recoñecidos como tal á hora de transmitir unha mensaxe nova.

Tracking Pixel Contents