X FORO DE EDUCACIÓN - FARO EDUCA
Martín Camba: «Adolescencia e ocio nocturno»

Martín Camba, ponente en el X Foro de Educación / FDV
As «Charlas de Ocio Nocturno» son unha actividade pioneira en Galicia desenvolta pola Policía Local do Concello de Santiago, sendo os seus destinatarios o alumnado dos IES, das Residencias Universitarias e as ANPAS da cidade, para informar sobre todolos aspectos e situacións relativas o ocio nocturno.
Esta iniciativa xurde no ano 2021, como resposta a petición da directiva dun Centro de Educación Secundaria da cidade suxerindo a conveniencia da realización dunha charla para paliar a problemática existente con algúns alumnos menores de idade do seu centro educativo, os cales en varias ocasións acudiron as clases baixo os efectos da inxesta de bebidas alcohólicas.
O éxito desta iniciativa veuse reflexado no curso escolar 24/25, repetindo pleno nos IES e tamén nos centros de FP, sendo solicitada tamén esta actividade por unha gran parte das Residencias Universitarias tanto públicas como privadas da cidade; ademáis douselle cobertura a petición de moitas ANPAS interesadas, conseguindo unha gran asistencia e participación en todas elas, sendo consideradas polos asistentes como «moi necesarias», e nas cales se puido ter constancia da preocupación existente por parte das nais e pais a hora de que as suas fillas e fillos teñan as primeiras experiencias no ocio nocturno.
No curso escolar 25/26, repitese situación do ano anterior en Santiago, con cifras de participación similares, e abrese a actividade a mais Concellos de Galicia, chegando a desenvolverse nun total de 32 Concellos.
Temática
A través destas charlas tratase de facer unha valoración das distintas opcións de ocio nocturno como actividade lúdica, dividindo as mesmas en 3 bloques atendendo o lugar de desenvolvemento:
- Ocio nocturno nos locais establecementos de hostaleria (Pubs, Discotecas, Salas de festas…).
- Ocio nocturno na vía pública (verbenas, botellón…)
- Ocio nocturno nas zonas privadas.
Nesta valoración faise un analise da normativa, das infraccións e dos perigos, según que caso, facendo especial fincapé naquelas situacións máis habituais no que a operativa policial se refire, asi como a realidade social a que se enfrontan os adolescentes a hora deses primeiros contactos co mundo das saidas nocturnas.
Finalidade
O obxectivo desta actividade non e outro que o de CONCIENCIAR a través de INFORMACIÓN no ámbito dos Centros educativos e dende a tranquilidade que aporta un aula, para con elo tratar de minimizar perigos, conductas incívicas e infraccións xa sexan administrativas ou penais derivadas do ocio nocturno.
A información e o pilar fundamental destas charlas, xa sexa aportando coñecementos sobre as normas, perigos, infraccións ou tamén dos perxuizos que causan certos actos ou actitudes tanto a particulares como a sociedade en xeral.
Por último, e non menos importante, tamén se pretende dar traslado os participantes do que é a labor da Policía Local, labor destinada a ofrecer un servizo público eficiente e de calidade, para o cal é de suma importancia a colaboración cidadá, o respeto e a empatia entre todolos actores do ocio nocturno.
O poñente
O Policía Local do Concello de Santiago responsable da iniciativa e encargado de impartir estas charlas é Martín Camba Conde, con 23 anos de antigüedade no Corpo, 16 dos cales prestando servizo na quenda nocturna.
Esta experiencia no servicio nocturno e fundamental a hora de trasladar a información, xa que un dos aspectos máis valorados e a exposición de casos reais e exemplos de situacións vividas en primeira persoa polo propio ponente, que permite asociar a norma explicada a un caso concreto.
- El afloramiento de aguas profundas por el viento de nordés «congela» a los bañistas de las playas de la ría de Vigo
- Adiós a los conciertos de verano en los chiringuitos de Vigo
- Los chapuzones sin salir de casa se vuelven cada vez más habituales en Vigo: «Ya estamos dando plazos para el año que viene para construir piscinas»
- Vigo entra en prealerta por sequía, con recomendaciones y varios usos prohibidos: «Tenemos agua para cinco meses»
- Trasladado grave un niño de dos años tras quedar atrapado en una valla de la guardería de Carril
- Portugal da luz verde a la acuicultura del futuro con su primera macrogranja de peces en alta mar
- La calle más poblada de Vigo tendrá en primavera un gran «macroparque»: puesta la primera piedra de la obra
- De acogida de refugiados a hospedaje laboral en Sanxenxo: «Podríamos llenar otros tres hoteles más»