X FORO DE EDUCACIÓN - FARO EDUCA
Javier García: «Propostas para configurar hoxe unha escola ideal»

Javier García, poñente no X Foro de Educación / FDV
Seguramente cando alguén lea no título deste obradoiro as palabras “escola ideal” fará unha reflexión crítica que partirá dunha análise subxectiva do que considera que é ou non é ideal para as escolas a día de hoxe. E dende esa posición pode chegar a pensar que o que se vai topar no obradoiro son unha man chea de receitas que, como se fose un libro de autoaxuda, pode poñer en práctica ao día seguinte no seu centro e terá así unha “escola ideal” para ofrecérllela ao seu alumnado, ao seu profesorado e ás súas familias.
O titulo do obradoiro “Propostas para configurar hoxe unha escola ideal” só pretende que sexa lido dende unha perspectiva crítica e mesmo que se anime a criticar a miña ousadía ao crerme en posesión dunha receita máxica con poderes máxicos. Nada máis lonxe da realidade! Nada máis preto dela!
A definición de “escola ideal” ten dúas partes sobre as paga a pena pararse a reflexionar:
1. A escola ideal é aquela que reúne as mellores calidades. Semella difícil topar, polo tanto, unha escola ideal. Camiñamos día a día nesta dirección dende moitos eidos máis nunca será unha realidade topar unha escola co mellor do mellor en todo canto unha escola se pode analizar e avaliar. Unha quimera? Unha utopía? Un imposible? Concordo, as utopías só serve para camiñar hacia elas como diría Fernando Birri (verdade á que lle puxo un altofalante Eduardo Galeano).
2. A escola ideal é aquela que é a máis apropiada para algo. E é esta segunda parte da súa definición a que me fixo pensar que tal vez a escola ideal podía ser unha realidade si atendemos ao que consideramos apropiado cada un dos axentes que participamos do acto educativo. Unha integración eficaz e eficiente das visións críticas e das achegas das miradas de todos aqueles e todas aquelas que teñen ollos educativos pode facer realidade esta idealidade.
Que sucede entón?
Sucede que todas esas miradas, se as atendemos correctamente dende unha perspectiva de profesionalidade pedagóxica, son miradas que a escola necesita. Son miradas que aportan e desas achegas podemos poñer en práctica un conxunto de propostas que, respectando os valores e principios da tolerancia democrática e da democracia tolerante, seguramente conformen unha “escola ideal” xa que será a escola máis apropiada para unha grande maioría dese conxunto de persoas que a constrúen a diario.
Polo tanto, e regresando ao inicio desta descrición, non esperen no meu obradoiro un conxunto de receitas máxicas elaboradas por min. Máis ben unha conversa entre os diferentes axentes que forman parte do acto educativo para configurar xuntos esa idealización que non é outra cousa que recoller as bondades e os beneficios das diversas miradas que dirixen cara á escola a diario multitude de persoas que, se ben non son profesionais da educación, son quen de facer achegas de gran aproveitamento.
Familias, alumnado, profesorado, administración local onde se sitúa a escola, institucións de educación non formal, administración educativa e demais axentes poden e deben participar. Cantos máis participen, máis doado será. Entendo unha “escola ideal” como un espazo onde unha comunidade configura un proxecto educativo no que teñen cabida esas miradas diversas para o enriquecemento das futuras xeracións a nivel humano, académico, cultural... alimentando unha comunidade que evoluciona e revoluciona. Dende o máis particular ao máis xeral. Dende os pequenos xestos ata os grandes cambios.
O obradoiro iniciarase cunha conversa dialóxica a partir da lectura de reflexións feitas polos diferentes axentes que participan do acto educativo. Desas reflexión xorden necesidades que a escola debe atender para ser a escola máis apropiada ao contexto no que se sitúa. A partir desas necesidades configúranse as características que debe ter dita escola. E son as características as que definen a intervención pedagóxica e didáctica no interior e exterior da escola. Son moitos anos e en educación case todo está xa inventado. É cuestión de estruturar e sistematizar procesos que, por si mesmos, son as respostas prácticas ao teorizado previamente.
Agora que rematas de ler isto responde para ti á seguinte pregunta: que características debería ter a escola para ser a túa escola ideal? As respostas serán diferentes en función do rol que desempeñes: eres alumnado da escola, eres familia, eres profesorado, eres o representante do concello, eres o monitor de actividades extraescolares, eres a persoa responsable do comedor escolar, eres o persoal da limpeza...etc. Todos configuran unha mirada única e unívoca: a apropiada para a escola que habitan.
Para facervos algo de “spoiler” direivos que é doado facer ese traballo e que máis doado é saber de antemán cales son as características que esa “escola ideal” debería ter.
Si, antes de comezar xa che podo avanzar o seguinte: estamos dacordo!
Para rematar direi: non é tan difícil!
- El afloramiento de aguas profundas por el viento de nordés «congela» a los bañistas de las playas de la ría de Vigo
- Adiós a los conciertos de verano en los chiringuitos de Vigo
- La concesionaria del Cunqueiro cierra por primera vez el año con números rojos
- Portugal da luz verde a la acuicultura del futuro con su primera macrogranja de peces en alta mar
- La calle más poblada de Vigo tendrá en primavera un gran «macroparque»: puesta la primera piedra de la obra
- «Hemos visitado colegios y sorprende que niños de primaria no sepan identificar un pez tan característico y gallego como el rape»
- Isabel y Adolfo, de Venezuela a Ourense con sus tres hijos para reabrir un puesto en la plaza de abastos: la inmigración que rescata el comercio en Ourense
- El Concello de Vigo prohíbe la pantalla de la Diputación en Praza da Estrela para ver el España-Bélgica y Luisa Sánchez lo achaca al «sectarismo» del alcalde