X FORO DE EDUCACIÓN - FARO EDUCA
Antonio Rial Boubeta: «Como promover un uso seguro e saudable da tecnoloxía desde a escola e desde casa? Manual para 'profes', nais e pais realmente preocupados»

Antonio Rial Boubeta, ponente en el X Foro de Educación / FDV
É ben sabido que a tecnoloxía (e por extensión a contorna dixital) está a chegar cada vez máis cedo á vida de nenos e nenas, abrindo un abano de oportunidades para o seu desenvolvemento. Mais a evidencia científica, educativa e clínica, están a amosar que as oportunidades deixan de ser tales, cando o seu uso non resulta equilibrado e co acompañamento necesario. Por iso en moitos casos remata por ser maior o que a tecnoloxía quita que o que a tecnoloxía da. Tal e como ven advertindo UNICEF ou a UNESCO, o seu consumo intensivo e sen supervisión deriva en hábitos de vida pouco saudables, unha peor hixiene do sono, maiores niveles de ansiedade e depresión, un aumento do acoso escolar e do ciberacoso, violencia filio-parental e novas formas de adicción. Ninguén dubida de que a tecnoloxía é (potencialmente) unha magnífica ferramenta para favorecer a aprendizaxe de nenas e de nenos, de inclusión e de democratización da sociedade, pero o seu uso a idades temperás pode chegar a xerar retrasos no neurodesenvolvemento, na linguaxe ou na atención. O consumo de pantallas non resulta inocuo na infancia e na adolescencia, dende ningún punto de vista, e ten chegando a converterse xa nun problema de saúde pública, recoñecido pola OMS. A tiranía do selfie e o Imperio de Instagram, o auxe de gamers, youtubers e influencers, ou mesmo a violencia que cada día se consome e normaliza a través das redes, amósanos unha nova xeración de adolescentes sorprendentemente menos felices, máis solos e con máis dificultades para relacionarse, aceptarse a si mesmos e adquirir valores ou habilidades básicas para construírse como persoas e convivir con respecto e igualdade. A capacidade de medrar a través do xogo, de establecer vínculos de amizade sólidos ou de coñecerse a un mesmo a través da introspección estase a ver seriamente limitada polo consumo dixital, que secuestra a nosa atención como novo modelo de negocio. Adquirir conciencia e tomar partido é unha tarefa obrigada. Afastado por igual de alarmismos e de banalizacións, desde un enfoque responsable e pragmático, o profesor Rial tentará desmontar algúns mitos e convidaranos a reflexionar como comunidade, na procura dun uso seguro e saudable da tecnoloxía a través da educación que facemos tod@s, interpretando o problema en clave de oportunidade.
Antonio é doutor en Psicoloxía Social e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. É autor de mais de 160 artigos en revistas científicas de impacto internacional, director de 25 teses de doutoramento e responsable de numerosos proxectos de investigación, o que o ten convertido nun dos principais referentes en España do eido da mocidade, as adiccións e a ciberconvivencia. É tamén membro do Alto Comisionado da UNESCO para a loita contra o acoso escolar e o ciberacoso a nivel mundial. No ano 2021 dirixiu o Estudio sobre el impacto de la Tecnología en la adolescencia, levado a cabo por UNICEF-España cunha mostra de máis de 50.000 estudantes de secundaria e neste mesmo ano, do estudio INFANCIA, ADOLESCENCIA Y BIENESTAR DIGITAL, no que participaron 93.000 adolescentes e 7.500 profesoras e profesores de toda España, polo que está considerado o traballo científico de maior envergadura feito en Europa sobre o tema. Ten publicado nalgunhas das mellores revistas internacionais do eido da adolescencia, a saúde mental e a educación, como Psychiatry Research, Addictive Behaviors, Journal of Gambling Studies, Computers in Human Behavior ou Cyberpsyhology. Colabora dende fai anos con centros de investigación de referencia internacional, como o Center for Adolescent Behavioral Health Research (da Universidade de Harvard), ou o Cognitive and Affective Regulation Laboratory (da Universidad de Lausanne). En 2022 foi galardoado coa Nécora de Ouro pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, polo seu labor na prevención das adiccións na mocidade, e en 2023 co Premio Iacobus da Educación, ano no que tamén foi distinguido como Colexiado do Ano polo Colexio Oficial da Psicoloxía de Galicia. Formou parte do Comité de Expertos do Ministerio de Xuventude e Infancia, para a elaboración da Lei de Protección dos menores na contorna dixital e do grupo creado pola Consellería de Educacion, para elaborar o Plan de Benestar Dixital de Galicia.
- El afloramiento de aguas profundas por el viento de nordés «congela» a los bañistas de las playas de la ría de Vigo
- Adiós a los conciertos de verano en los chiringuitos de Vigo
- Los chapuzones sin salir de casa se vuelven cada vez más habituales en Vigo: «Ya estamos dando plazos para el año que viene para construir piscinas»
- Vigo entra en prealerta por sequía, con recomendaciones y varios usos prohibidos: «Tenemos agua para cinco meses»
- Trasladado grave un niño de dos años tras quedar atrapado en una valla de la guardería de Carril
- Portugal da luz verde a la acuicultura del futuro con su primera macrogranja de peces en alta mar
- La calle más poblada de Vigo tendrá en primavera un gran «macroparque»: puesta la primera piedra de la obra
- De acogida de refugiados a hospedaje laboral en Sanxenxo: «Podríamos llenar otros tres hoteles más»