Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

IX FORO DE EDUCACIÓN - FARO EDUCA

«Metodoloxía para a resolución de problemas»

Marta Pérez, poñente no IX Foro de Educación

Marta Pérez, poñente no IX Foro de Educación / FDV

A profesora titular en Didáctica das Matemáticas da Universidade de Vigo Marta Pérez Rodríguez ofrecerá o obradoiro «Metodoloxía para a resolución de problemas» no IX edición do Foro de Educación Faro Educa. Pérez é investigadora principal de proxectos de divulgación e innovación docente relacionados coas vocacións matemáticas e a metodoloxía Aprendizaxe e Servizo. Ademais, coordina o grupo de innovación docente MaReMa (Materiais e Recursos en Matemáticas) e forma parte de CITMAga (Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia).

Nesta formación dunha hora e media, abordarase a metodoloxía Pólya, orientada a unha aprendizaxe competencial, mostrando diversas estratexias para a resolución de problemas. Dita metodoloxía apóiase en ferramentas metacognitivas como as preguntas, favorecendo no alumnado a resolución aberta de problemas, a creación de coñecemento, a autonomía e a autoconfianza. 

Compra tus entradas


26 y 27 de septiembre 2025 | Auditorio Mar de Vigo
Comprar
Tracking Pixel Contents