IX FORO DE EDUCACIÓN - FARO EDUCA
Vanessa Rodríguez Pousada: «Falemos de sexo (e ben): Ferramentas para educar en familia»

Vanessa Rodríguez Pousada, poñente no IX Foro de Educación / FDV
Psicóloga Xeral Sanitaria, Psicopedagoga e Sexóloga cunha longa traxectoria na intervención educativa, terapéutica e institucional con mozos e familias, Vanessa Rodríguez Pousada estará como poñente na IX edición do Foro de Educación Faro Educa cun relatorio no que trazará unha panorámica xeral das adolescenciais contemporáneas, incidindo nos seus aspectos comúns respecto as adolescencias de outras épocas e nas particularidades propias das actuais. Asemesmo, abordaranse as características da sexualidade, os factores sociais implicados na violencia sexual e analizaranse distintos discursos sobre os efectos do porno na adolescencia.
Rodríguez Pousada é ademais profesora colaboradora da UOC no Máster de Psicopedagoxía e Membro fundadora de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia), vicepresidenta de SOGASEX (Sociedade Galega de Sexoloxía) e forma parte da xunta directiva da FESS (Federación Española de Federaciones de Sociedades de Sexología. É coautora dos libros “La lucha sexual de los adolescentes en la hipermodernidad” (UOC, 2018), “Ser adolescente. ¿Transición o destino?” (UOC, 2021) y “La violencia adolescente en clave relacional” (Ágora Relacional, 2025) . Na actualidade, investiga sobre temas de adolescencia e sexualidade.
Neste obradoiro ofreceranse ferramentas básicas para acompañar a educación sexual das crianzas e adolescentes desde o ámbito familiar. Traballarase como abordar a sexualidade con naturalidade, información rigorosa e coidadosa, adaptada ás diferentes etapas evolutivas.
- La cirujana viguesa tras el primer bebé inglés gestado en un útero trasplantado de donante fallecida: «Abre las puertas a mucha gente»
- «Es probable que tras el verano tengamos un robot o un TAC intraoperatorio para operar columna»
- La prórroga de la suspensión de los desahucios dispara la contratación de desalojos exprés
- Mónica, madre de un niño con cáncer: «No sabía cómo decirle a mi hijo que se le iba a caer el pelo»
- El catamarán del lago de Sanabria que permanece retenido en un astillero de Mos
- En 44 días ha llovido tanto en Galicia que el agua caída daría para abastecer a la comunidad durante 113 años
- La orquesta París de Noia cancela su concierto de este viernes en Vigo por «condiciones meteorológicas adversas»
- La crisis del marisqueo obligará a los restaurantes a reinventar sus cartas