IX FORO DE EDUCACIÓN - FARO EDUCA
Miguel A. Alonso Diz: «Ensinar dende a LIX»

Miguel A. Alonso Diz estará no XI Foro de Educación / FDV
Escritor, poeta, docente, contacontos, presentador, animador, divulgador cultural e sobre todo persoa. Así se define Miguel A. Alonso Diz encargado nesta IX edición do Foro de Educación dunha actividade práctica na que amosa como, a través de diversos libros da nosa literatura infantil e xuvenil, se poden achegar ao alumnado diversos conceptos tanto relacionados con materias propias do currículo escolar como as que teñen que ver co proceso de socialización.
Ademais traballará como achegar os contidos en lingua galega fomentando sempre a imaxinación e a creatividade. Terase en conta non só a narrativa senón tamén a poesía, a banda deseñada e o teatro como ferramentas das que nos podemos valer para acadar os nosos obxectivos.
Miguel A. Alonso Diz pertence ademais á directiva de GÁLIX – Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Ten obra traducida ao castelán por el mesmo, e editada para fóra de Galicia, que está presente en colexios e bibliotecas de México, Puerto Rico e diversas comunidades de España.
Colaborador habitual dos Servizos de Normalización e Dinamización Lingüística, realiza diversas actividades creativas en asociacións, bibliotecas e centros educativos, nos que achega á rapazada e adultos o mundo da literatura, a creación e o seu amor polo noso idioma.
Dende a súa irrupción no panorama literario infantil - xuvenil galego co primeiro libro en galego editado a través do sistema de micro mecenado – crowdfunding, xunto á ilustradora Luz Beloso, estivo presente nas listas dos libros máis vendidos en Galicia.
- Un barco de la viguesa Opnapa recaptura un atún patudo marcado por los científicos hace casi diez años
- El Sergas abre el plazo para que parte de la población del área viguesa elija entre ser atendido en el Chuvi o en Povisa
- Xunta y concellos entrarán ya a limpiar fincas en zonas de riesgo de incendios si el propietario incumple sus deberes
- Muere Carlos López, jefe de Ginecología del Chuvi y descendiente de Ramón y Cajal
- La Xunta abre plazo para que las familias apunten a sus hijos en los campamentos de verano: tiempos, precios y oferta
- Portugal arranca los trabajos del AVE desde Oporto y coloca la «primera estaca»
- Obramat, líder en material de construcción, abre su gran almacén de 6.000 metros en San Cibrao
- Expectación en el Chuvi por un plazo para cambiar de hospital que podría agudizar sus demoras