Mergullar as clases no mar para reconectar coa natureza
13 grados configura unha experiencia coa que conceder aos mestres as ferramentas necesarias para participar na educación ambiental

Sara Carrasco e Silvia Iglesias (13 grados) / Sara García Rey
C. M.
A trece grados. Esa é a temperatura a que atopamos a auga nas profundidades da ría. Pero tamén é o nome baixo o que Silvia Iglesias e Sara Carrasco aterrizan (ou neste caso, mergúllanse) no VIII Foro de Educación.
No obradoiro “Do mar á clase e da clase ao mar: reconectándonos coa natureza”, as expertas de 13 grados abordarán a necesidade de incluír a educación ambiental nos centros educativos como contido transversal partindo do medio mariño como referente para reconectar coa natureza.
“Particularmente en Galicia, e especialmente en Vigo como exemplo de cidade costeira, o medio mariño ten unha gran relevancia na sociedade e na cultura que o converten nun elemento inseparable da identidade” explican. “Pero adoitamos centrar a súa importancia en sectores como a economía ou a gastronomía, esquecendo o seu valor ecolóxico”.
Nace así a necesidade de convertir ese coñecemento en parte do currículo, e de facelo a través de diferentes asignaturas: “Nunha primeira ollada poderíamos pensar que a educación ambiental está máis ligada a áreas ou asignaturas concretas, como Coñecemento do Medio ou Bioloxía, pero a realidade é que pode ser un contido a abordar dende múltiples perspectivas, ofrecendo unha visión máis ampla e completa da situación medioambiental na que vivimos e do noso papel nela”.
O medio mariño en Galicia ten relevancia social e cultural, polo que a súa presenza na educación é inevitable
Ciencias da Natureza, Educación Plástica, Ciencias Sociais, Xeografía, Historia.... todas dan pé a desenvolver un coñecemento global do funcionamento do planeta, así como a desenvolver un pensamento crítico que xere o debate e promova a busca de solucións a nivel local.

Algúns dos obradoiros que 13 organiza nas praias. / Cedida
Con esa idea en mente, no seu obradoiro proporán unha serie de actividades interactivas que os mestres poderán empregar nas súas aulas, que irán desde o traballo de campo no medio natural ata o uso das novas tecnoloxías: “Sempre partindo do mar como referente para retomar este contacto co medio natural” explican.
Educar nun mundo urbano
Un contacto que resulta cada vez máis necesario co impacto do mundo globalizado e as rutinas cada vez máis mecanizadas do día a día. Os mestres precisan ferramentas coas que atender as preocupacións e dúbidas dunha xeración de estudantes máis implicada cas anteriores, pero que, a pesares de manexar máis información e ter máis conciencia medioambiental, non sempre sabe como actuar: “Pensamos que segue a haber unha desconexión co medio natural que dificulta estes cambios, o que nos fala da importancia do contacto directo coa natureza. De feito, adoitamos atopar unha maior implicación cando traballamos con centros educativos de zonas máis rurais ca nos centros ubicados nas grandes cidades.”

As experiencias inmersivas de 13 grados. / Cedida
Por iso é tan importante saber adaptar os contidos e buscar o xeito de facelo atractivo. Sara Carrasco e Silvia Iglesias saben ben de mesturar o ocio e o lecer coa educación. A través de 13 grados configuran dinámicas nas que aprender e pasalo ben non son cousas incompatibles “de feito, son aspectos que van da man. No noso caso botamos man de ferramentas que nos axudan a focalizar a atención nos contidos divulgativos a través doutros aspectos máis lúdicos ou vencellados ao tempo de lecer, como empregar a creatividade e a arte a través de obradoiros de ilustración ou optar por soportes innovadores e atractivos como as novas tecnoloxías.”
De feito, no seu obradoiro Do mar á clase e da clase ao mar ofrecerán aos participantes a oportunidade de probar as Experiencias Inmersivas Submarinas en 360º grazas ao uso de lentes de realidade virtual: “Empregaremos unhas lentes para percorrer a través de imaxes en 360º o mundo submarino de Galicia dun xeito totalmente novidoso, accesible e minimamente intrusivo”.
Non perdas a oportunidade de descubrir os segredos do noso mar os próximos 20 e 21 de setembro no VII Foro de Educación.
- Un experto avanza en 'TardeAR' la sentencia de Daniel Sancho: "Ni cadena perpetua ni pena de muerte
- Un tractor camuflado y una semirrígida con tres potentes motores pone en alerta a la Guardia Civil de Arousa
- Joaquín Padilla, cantante de La ruleta de la suerte, debe abandonar el escenario tras empezar su concierto: "Violencia
- Un fijo discontinuo, a su empresa al llamarle tras dos años: "No estoy tan desesperado como para ir a Boimorto
- Una bola de luz ilumina el cielo de Galicia: "Se hizo de día en plena madrugada
- El multazo al que se enfrenta 'El Hormiguero' por lo que se vio en pantalla durante una de sus entrevistas
- Ana Rosa se despide de 'TardeAR' y se sincera sobre la cancelación del programa: "Me voy
- Un iceberg 11 veces más grande que Vigo atraviesa un caladero gallego y amenaza con impactar contra las Georgias del Sur