IX FORO DE EDUCACIÓN - FARO EDUCA

Vanessa Rodríguez Pousada: «Non é porno todo o que reluce: Adolescencia e violencia sexual»

Vanessa Rodríguez Pousada, poñente no IX Foro de Educación

Vanessa Rodríguez Pousada, poñente no IX Foro de Educación / FDV

Psicóloga Xeral Sanitaria, Psicopedagoga e Sexóloga cunha longa traxectoria na intervención educativa, terapéutica e institucional con mozos e familias, Vanessa Rodríguez Pousada súmase aos talleres da IX edición do Foro de Educación

Rodríguez Pousada é ademais profesora colaboradora da UOC no Máster de Psicopedagoxía e Membro fundadora de ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e a Adolescencia), vicepresidenta de SOGASEX (Sociedade Galega de Sexoloxía) e forma parte da xunta directiva da FESS (Federación Española de Federaciones de Sociedades de Sexología. É coautora dos libros “La lucha sexual de los adolescentes en la hipermodernidad” (UOC, 2018), “Ser adolescente. ¿Transición o destino?” (UOC, 2021) y “La violencia adolescente en clave relacional” (Ágora Relacional, 2025) . Na actualidade, investiga sobre temas de adolescencia e sexualidade. 

Compra tus entradas


26 y 27 de septiembre 2025 | Auditorio Mar de Vigo
Comprar
Tracking Pixel Contents