IX FORO DE EDUCACIÓN - FARO EDUCA
Estela Darriba: «Deseñar para a metamorfose: un achegamento ao espazo educativo como ferramenta pedagóxica e emocional»

Estela Darriba estará no IX Foro de Educación / FDV
Estela Darriba é arquitecta e docente. Investiga a relación entre espazo, identidade e aprendizaxe, especialmente na adolescencia. Actualmente desenvolve o seu traballo no cruce entre neuroarquitectura, percepción e educación, con experiencias tanto no ámbito académico como práctico.
No seu obradoiro do IX edición do Foro de Educación analiza o impacto do espazo educativo no benestar e desenvolvemento identitario do alumnado desde unha perspectiva interdisciplinar que integra neuroarquitectura, psicoloxía evolutiva e neuroeducación. Explórase como a percepción espacial inflúe na aprendizaxe activa, na construción do eu e na saúde emocional. A partir da idea do espazo como terceiro educador, propóñense claves para un uso do escenario educativo máis consciente e humano.
Nun contexto educativo no que a transformación é urxente, este obradoiro propón unha mirada renovada ao espazo como axente activo na aprendizaxe e no benestar. A adolescencia, etapa crítica no desenvolvemento persoal, require contornos que acompañen a construción da identidade, regulen a estimulación e activen o pensamento creativo e relacional.
A partir dunha aproximación interdisciplinar (arquitectura, psicoloxía evolutiva, neurociencia e práctica docente), convidamos a docentes, orientadores e membros da comunidade educativa a descubrir como o espazo pode favorecer ou limitar a aprendizaxe, a atención e o benestar do alumnado. Exploraremos como os espazos escolares poden ser lidos, comprendidos e activados como terceiros educadores. Sen necesidade de formación técnica específica, o profesorado pode actuar sobre o espazo con pequenas accións que teñen un gran impacto: redistribución, códigos simbólicos, ambientación ou uso de certos lugares do centro.
Este obradoiro é tamén unha invitación a sentir o espazo: poñer en xogo a percepción, a emoción e o corpo como canles de coñecemento. A través dunha dinámica guiada e participativa, conectaremos vivencias docentes con ferramentas que favorecen unha lectura crítica e sensible dos espazos educativos, descubrindo como pequenos cambios no contorno poden xerar grandes transformacións na convivencia, na motivación e no vínculo co aprendido.
A pregunta, entón, xa non é só que se ensina, senón tamén desde onde se ensina, en que tipo de espazo, e con que mensaxes explícitas ou implícitas ese espazo educa.
- Un podólogo gallego señala los peores calzados para la fascitis: «Deja de utilizarlas, no sirven para nada»
- Un experto avanza en 'TardeAR' la sentencia de Daniel Sancho: "Ni cadena perpetua ni pena de muerte
- Un tractor camuflado y una semirrígida con tres potentes motores pone en alerta a la Guardia Civil de Arousa
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- El trago de agua que casi acaba con la vida de Pablo González: «En segundos noté que me quemaba vivo por dentro»
- «Trabajo solo por encargo, y tengo una lista de espera de casi dos años»
- Un iceberg 11 veces más grande que Vigo atraviesa un caladero gallego y amenaza con impactar contra las Georgias del Sur
- Última hora en Galicia: sin luz al menos hasta la noche en una jornada de caos total en la comunidad