Varela Motor S.L empeza no sector da automoción en 1991 conseguindo ser Servizo Oficial da marca Seat e posteriormente no 2007 convértese en Servizo Oficial da prestixiosa marca Volkswagen. Hoxe en día trátase dun dos negocios máis recoñecidos do sector nas comarcas de Deza e Tabeirós, xa que ademáis dispón de talleres e concesionarios en Lalín e A Estrada

Grazas ao compromiso dun gran equipo de profesionais con ampla experiencia, en formación continua e sobre todo enfocado ao cliente, en Varela Motor priorizan a experiencia e as sensacións do cliente.

Contan con taller de chapa e pintura e con persoal altamente cualificado e formado coas últimas novidades en carrocería. Ten servizo de mecánica xeral, compravenda de vehículos novos, seminovos e kilómetro 0, vehículos de ocasión, entre moitos outros.