Otero Lalín pertence ao Grupo Alcongal, a principal cooperativa galega de materiais de construcción e que conta con asociados distribuidos por toda la xeografía galega, chegando ata Portugal e León. Otero Lalín, con sede no Polígono Lalín 2000, dispón de grandes instalaciones dende as que poden ofrecer un excelente servizo ás esixencias da súa clientela. Fontanería, calefacción, ferretería ou materiais de construcción son as súas principais actividades. Contan cun amplo catálogo de estufas e produtos de calefacción, no que destacan os últimos modelos do mercado de sistemas de pellets, aínda que tamén traballan cos de leña. Otero Lalín dispón ademáis do material de construcción necesario para levar a cabo unha reforma integral do fogar, e prestan servizo tanto a profesionais como a particulares. A maiores da exposición de sistemas de calefacción e materiais de construcción, teñen unha nave de 700 metros cadrados con todo o relacionado co mundo da ferretería. Ofrecen tamén un servizo de reparto a domicilio para o cal teñen un camión grúa para levar a cabo tal fin, algo que diferencia a Otero Lalín do resto dos seus competidores.