O grupo galego de audioloxía Oe+ Centros Auditivos ven de incorporar entre os seus servizos a realización dos PEATC (Potencias Evocados Auditivos de Tronco Cerebral). Este tipo de equipos que actualmente só se atopan en hospitais de terceiro nivel (CHUS, CHUAC,€) marca unha diferencia cualitativa respecto das outras empresas do sector que prestan servizos en Galicia. A técnica consiste nunha proba non invasiva que estuda a actividade eléctrica neuronal, para comprobar que o sistema nervoso funciona correctamente ante estimulos auditivos. As probas poderan ser solicitadas por clientes particulares e enfocadas tanto a poboación infantil como adultos.

Asimesmo outros profesionais como otorrinolaringólogos, neurólogos ou psicólogos poderan derivar pacientes para complementar con esta técnica a sua batería de probas de cara a facer estudos ou diagnósticos diferenciais.