Gerlo Tiendas son especialistas de máquinas vending así como na montaxe e instalación de tendas 24 horas. Unha das grandes vantaxes da firma de Gerardo López (xerente da empresa Gerlo Tiendas) é que dispoñen de servizo técnico propio especializado, garantindo así unha resposta rápida e satisfactoria aos seus clientes na post-venta. Na actualidade conta con establecementos en Lalín e Santiago de Compostela, onde ven de abrir unha nova tenda -a sexta na capital galega- en rúa Santa Marta número 41, sumándose así ás outras cinco compostelás: rúa Restollal nº 91 (enfrente ao El Corte Ingles); A Granxa de San Lázaro número 2 baixo; Romero Donallo nº 86 baixo; Fonte dos Concheiros, nº 2 baixo; e rúa Santiago de Chile, nº 7 baixo

Ademáis, son distribuidores para Galicia de aceite de oliva virxe extra Denominación de Orixe Baena das marcas Albenzaide, do concello de Luque, e Duque de Baena do concello de Baena. Ambos aceites foron premiados na Cata AOVE Españoles 2019, a marca Albenzaide coa medalla de prata HGg&T e a marca Duque de Bae na coa medalla de bronce HGg&T, premios que ambos suman a súa gran lista de recoñecementos.