A actividade empresarial de Construcciones Taboada y Ramos está diversificada en catro grandes áreas de negocio: construcción, servizos, concesións e enerxía. Na construcción traballa tanto en obra civil -estradas e autovías, obras e infraestructuras ferroviarias, obras de enxeñería ambientalcomo da edificación. Na área de servizo e concesións destaca a súa experiencia na explotación, mantemento e conservación de estradas e autoestradas. No sector das enerxías renovables a dirección da empresa aposta pola enerxía eólica e pola solar fotovoltaica. O esforzo e traballo realizado ao longo destos anos pola firma consolidou un crecemento constante da mesma, acadando maiores cotas de volume de contratación, e a execución de obras de gran complexidade técnica.

Fundada en 1988 Construcciones Taboada y Ramos ten a súa sede no Polígono Lalín 2000 e ocupa un dos primeiros lugares no ranking de constructoras da nosa comunidade autónoma.