Hidramaq Deza presta servizos de taller de reparación hidráulica e mecánica, venda, instalación e reparación de todo tipo de grúas, fabricación e reforma de carrocerías, remolques e semirremolques. Ofrece Servizo Oficial Renault Trucks e ademáis é distribuidor exclusivo para Galicia das grúas forestais Palfinger Epsilon, unha das mellor valoradas do mercado a nivel internacional. Se por algo se caracteriza Hidramaq Deza é pola profesionalidade e seriedade da súa plantilla. A firma ofrece as máximas garantías no mantemento e reparación de todo tipo de vehículos, unha actividade na que leva especializada preto de catorce anos, e sempre mantendo unha firme aposta pola diversificación de prestacións, tratando de ampliar constantemente o seu servizo. A instalación e a verificación de tacógrafos -dixitais e analóxicos- son outras das actividades cotiás nestas instalacións do municipio, sitas no Polígono Industrial Lalín 2000, traballando coas mellores marcas do mercado.