Emdeza presentará nesta Feira do Cocido de Lalín -terceira edición á que asiste a firma dezá- novidades como o Pack do Cocido. Os que se acheguen á súa caseta, ademais de poder adquirir produtos a granel e envasados, poderán comprar o maletín no que se inclúe unha selección especial de produtos de marca, que constitúen ingredientes de referencia en todo cocido tradicional, un formato composto por seis paquetes envasados ao baleiro dentro maletín de cartón 100% reciclabe: lacón, touciño, orella, fuciño, un pack de catro chourizos de cebola e outro coa mesma cantidade de afumados con leña de carballo e atados a man.