Embutidos Lalinense recibía en decembro o premio Lo mejor de 2019, un recoñecemento outorgado polos lectores da revista La Alacena Roja. Un premio ao bo facer desta empresa de Lalín fundada en 1949, que soubo conxugar a tradición e os métodos que aínda usan nalgúns dos seus procesos, cunha aposta pola investigación e desenvolvemento de produtos innovadores.

Asentada en Agruchave, son referentes na produción de todo tipo de produtos relacionados co Cocido, co afumado das carnes (cacheira, costela, panceta, orella, etc) que confiren a este prato o sabor característico da comarca de Deza. Un dos produtos estrela é o lacón curado Duroc, que se caracteriza por ter a pezuña negra que testemuña que procede dun porco 100% Duroc, a única raza permitida no cruzamento coa ibérica. Presenta propiedades nutricionais de alto valor, ademais do seu aroma, textura e cor que fan que sexa moito máis tenro, con máis graxa infiltrada o que lle confire un sabor extraordinario. A firma lalinense é a única que o comercializa en Galicia. Conta ademáis cun catálogo adaptado a gustos e necesidades dos consumidores, e con produtos saudables con contido reducido en sal, sen glute, lactosa, ou conservantes, como o caso das conservas de cocido ou lacón con grelos, pratos tradicionais que a empresa sacou hai anos ao mercado, sendo pioneira en presentar algún dos pratos máis representativos da gastronomía galega en formato conserva.

Os seus produtos poden atoparse tanto en cadeas de alimentación como en carnicerías, charcuterías e pequenas tendas en Galicia, e tamén noutras partes do estado como Madrid, Catalunya, País Vasco, etc.

O Kit Antimorriña, un paquete que inclúe unha conserva de cocido galego, chourizo extra, potaxe galego e un salchichón caseiro extra, é o mellor antídoto para combatela cando se está lonxe da casa. Todo pode adquirirse a través da tenda on-line (www.embutidoslalinense.com).