Hidramaq Deza é unha empresa lalinense que presta servizos de taller de reparación hidráulica e mecánica, venda, instalación e reparación de grúas, fabricación e reforma de carrocerías, remolques e semirremolques. Hidramaq Deza ofrece Servizo Oficial Renault Trucks e ademáis é distribuidor exclusivo para Galicia das grúas forestais Palfinger Epsilon. Destacando pola defensa de valores como a profesionalidade ou a seriedade, a firma garante o mantemento e reparación de todo tipo de vehículos, unha actividade na que leva especializada máis de trece anos e cunha firme aposta pola diversificación de prestacións, tratando de ampliar sempre o seu servizo.

A instalación e a verificación de tacógrafos -dixitais e analóxicos- son outras das actividades cotiás nestas instalacións do municipio, sitas no Polígono Industrial Lalín 2000, e traballan sempre coas mellores marcas do mercado.