Achégase unha nova tempada de celebracións. Por elo, dende Fotografía Bernabé xa teñen dende hai semanas o calendario de reservas aberto para bautizos e comunións -eventos para os cales dispoñen de novedosos e orixinais detalles para dar como recordo aos convidados. Avalados por seis décadas de experiencia e pola boa crítica da súa clientela -algo que lle fixo viaxar ata Fuengirola para cubrir unha voda recentemente- Fotografía Bernabé ofrece cobertura fotográfica e audiovisual para todo tipo de eventos, con traballos totalmente personalizados e participando en todo o proceso de creación, xa que contan con laboratorio e sistema de encadernación propio. Fotografía Bernabé aposta por mantenerse ao día e dispón da última tecnoloxía en todos os seus equipos. Na actualidade contan cunha máquina de gravado láser para personalizar aínda máis tanto a portada dos álbumes como as súas caixas -tamén ofrecen portadas de madeira para os álbumes-. Deseños de invitacións de voda e comunión son outros traballos levados a cabo pola empresa.