O cartel da LI Feira do Cocido de Lalín foi deseñado polo artista almeriense afincado en Galicia Miguel Peralta, da cooperativa Cestola na Cachola. O centro da composición está ocupado porha muller que aparece disfrutando do cocido, da festa. A súa cabeza sostén unha cesta cunha morea de detalles entre o fume que o autor deixa á interpretación para que cadaquén lle atope o significado.

Deste xeito, Cestola na Cachola únese a ampla nómina de artistas que, durante estes 51 anos, plasmaron a súa particular visión da cita gastronómica a través dun cartaz que, edición tras edición, pasa a ser un dos elementos máis comentados e agardados da celebración. José Antonio Abeledo "Laxeiro", Antón Lamazares, Gloria Alonso, Santiago Valdés, Paco Lareo, Moldes, Armindo Salgueiro, García Patiño, Misha Bies Golas, Pilar Taboada, Antón Pulido, Paío Alfonso Sucasas, Aymerich, Jorge Castillo ou Moncho Borrajo, son somentes algúns deles.