Fundada en 1988 por Manuel Taboada Gómez, Construcciones Taboada y Ramos ten a súa sede no Polígono Lalín 2000 e ocupa un dos primeiros lugares no ranking de constructoras de Galicia, cun total de 180 traballadores e unha facturación de 39.890.000 euros. A súa actividade empresarial está diversificada en catro grandes áreas de negocio: construcción, servizos, concesións e enerxía. Na construcción traballa tanto en obra civil -estradas e autovías, obras e infraestructuras ferroviarias,obras de enxeñería ambiental-como da edificación. Na área de servizo e concesións destaca a súa experiencia na explotación, mantemento e conservación de estradas e autovías. Por último, no sector das enerxías renovables a dirección da empresa aposta pola enerxía eólica e pola solar fotovoltaica. Actualmente levan a cabo traballos en UTE Corno con obras de construcción de plataforma do corredor norte-nortoeste de alta velocidade, na liña de alta velocidade Madrid-Galicia, uns 8.5km de túnel e tamén destaca a UTE Morrazo na conversión en autovía do corredor CG-4.1 do Morrazo.

O esforzo e traballo realizado ao longo destos anos pola firma consolidou un crecemento constante da mesma, acadando maiores cotas de volume de contratación, e a execución de obras de maior complexidade técnica.