Cobertura fotográfica e audiovisual de todo tipo de celebracións e eventos, e un traballo totalmente persoalizado durante todo o proceso de creación, son parte do éxito de Fotografía Bernabé, que conta con case 60 anos de experiencia. Con tendas repartidas por toda a comarca de Deza e Tabeirós, contan con laboratorio propio e un novedoso sistema de encadernación que lles permite ser parte de todo o proceso de creación dun álbum dixital sen ningún tipo de proveedor externo, dende a primeira toma de fotografías ata a propia impresión e encuadernación do artigo final, algo que conleva grandes vantaxes.

Coa recente remodelación das súas instalacións na rúa Joaquín Loriga de Lalín, Fotografía Bernabé pode permitirse o luxo de traballar con luz natural, algo que sen dúbida se reflicte no resultado final dos seus traballos de estudo. Unha das máximas de Fotografía Bernabé é estar sempre ao día no que se refire á inversión de última tecnoloxía en maquinaria.

Mostra do Cocido

Durante estos días máis de setenta fotografías históricas da Feira do Cocido están dispostas en cinco grandes vinilos na tenda que a empresa ten na rúa Joaquín Loriga. Trátanse de imaxes recopiladas dende a primeira edición da cita, en 1969, e que tamén son proxectadas de forma continua nunha pantalla sita no mesmo escaparate comercial.