O V Foro de Educación, a maior cita coa educación en Galicia, quenta motores e anuncia un completo programa con seis conferencias e máis de media docena de obradoiros deseñados por expertos de todas as ramas para entender o presente e debuxar, man a man coas familias e a comunidade docente, o futuro dun sector fundamental. 

Judit Santos, preséntanos a súa ponencia:

"Miudiño S. Coop. Galega: Xogo e cultura para naturalizar a infancia"

E se transformamos o patio da escola?

A idea é o comezo. E aparecen as gañas, a ilusión, as tormentas de ideas… e as dúbidas e conflitos. Como resolvemos? Como seguimos? Ata onde podemos?

Miudiño S. Coop. Galega leva anos percorrendo Galicia axudando e guiando ás comunidades educativas na transformación dos seus espazos escolares.

Nesta sesión veremos por que é necesario intervir nos patios das escolas, como podemos facelo e cal é o camiño con maior probabilidade de éxito, ademáis de resolver as dúbidas e preocupacións que con máis frecuencia aparecen.

Anímaste a participar?