O V Foro de Educación, a maior cita coa educación en Galicia, quenta motores e anuncia un completo programa con seis conferencias e máis de media docena de obradoiros deseñados por expertos de todas as ramas para entender o presente e debuxar, man a man coas familias e a comunidade docente, o futuro dun sector fundamental. 

Mavi Carrera, preséntanos a súa ponencia:

"Unha pedagoxía intercultural, crítica e queer é necesaria para avanzar cara a humanización do alumnado"

O fenómeno do acoso/ciberacoso escolar, internacionalmente coñecido como bullying/ciberbullying, comenzou a estudiarse nos países nórdicos na década dos 70 do século XX. No Estado español, non será ata 2004, co suicidio do mozo vasco Jokin, que xurda un interese social e investigador neste fenómeno. Tradicionalmente estudado desde unha perspectiva psicolóxica, as variables sociais que explican a súa orixe e mantemento foron subestimadas. Neste obradoiro analizarase, a través de exemplos prácticos, como os prexuízos sexistas, homófobos/trasfóbicos e racistas e, de forma global, o rexeitamento á diversidade, constitúen variables clave na xénese do fenómeno do bullying/ciberbullying, operando conxuntamente como unha matriz de odio e violencia. Por outra banda, para dar resposta a esta realidade, proporase unha práctica educativa que vai máis alá dun paradigma positivista e instrutivo e que, a través dunha pedagoxía antiopresiva, intercultural, crítica e queer, se orienta á humanización do alumnado. O obxectivo desta experiencia é, en definitiva, axudar a docentes e familias a promocionar a valoración da diversidade e a loitar contra o prexuízo e a exclusión, contribuíndo á creación de escolas e sociedades máis democráticas, xustas e seguras para todos e todas.