IX EDICIÓN DE FARO DA ESCOLA
Música para as despedidas e os novos comezos
O CEIP San Salvador adica as páxinas centrais do seu Faro da Escola a un dos traballos grupais máis importantes do curso

No CEIP San Salvador, as despedidas son musicais. / Cedida
C. M.
O teatro é un dos grandes aliados da educación. Pensádeo ben: unha actividade lúdica que combina nunha soa os beneficios de moitas asignaturas extraescolares, que pasan dende mellorar as habilidades comunicativas ata practicar a memoria mentres gañamos autoestima. E o máis importante: pasándoo ben.
É o caso do CEIP San Salvador, onde este ano retoman o seu Festival das Letras Galegas tras varios anos de parón. Unha cita na que cada curso protagonizará a súa propia actuación e na que os estudantes tamén aproveitarán para representar as dúas obras coas que triunfaron nas XIV Xornadas municipais de Teatro Escolar do Concello.
‘Baleiro’, escrita en galego e desenvolta polo alumnado de 1º de Primaria, pon en valor a inclusión a través dun curioso persoaxe: un libro que, malia paracelo, non está baleiro, senon que foi escrito en braile. A el unírase un clásico como ‘Grease’, no que tanto o alumnado de 6º de Primaria como as súas familias botaron o resto para representar o musical de todos os musicais.

As saias das actrices fixéronse a man polas familias. / Cedida
Protagonistas a toda cor
E unha marabilla así non pode quedar sen documentar: ocupa as páxinas centrais do seu Faro da Escola para esta edición. “Os nenos de sexto deixan o San Salvador este ano, así que non podíamos non darlle a visibilidade que merece esta despedida” explica a súa profesora, Noelia Pérez.
E é que os alumnos e alumnas desta clase representaron Grease no auditorio do Concello, pero tamén no seu centro o mércores pasado (cun esixente público composto polas súas familias) e, quizais a actuación máis importante, no IES de Teis: “Moitos deles comezarán a estudar o ano que ven aí, así que a súa primeira toma de contacto foi moito máis especial, e visitaron o centro calidade de artistas” sorrí a mestra.
“Os nenos e nenas de sexto despídense do cole protagonizando o Faro da Escola”

Os máis pequenos tamén participaron nas representacións. / Cedida
A idea de protagonizar a gran dobre páxina do seu xornal xurdiu de forma natural ao comprobar que non só os alumnos traballaran de forma colectiva para dar forma a esta versión especial de Grease, senón que participaron todos os profesores dende, cada un, a súa especialidade: “Eu como tutora, a profesora de inglés para a letra das cancións, a de música para o ritmo e incluso dende Educación Física para as coreografías ou en plástica, onde prepararon as manualidades para os decorados... E as familias tamén colaboraron, pois as nais dalgunhas alumnas organizaron un obradoiro de costura e entre todos elaboraron as saias para o vestuario”. Un traballo que comezou dende o primeiro trimestre e co que traballaron a expresión oral, a responsabilidade, o traballo en equipo e, sobre todo, a axudarse entre todos.
Valores que tamén practicaron, polo seu lado, os pequenos e pequenas de Primeiro de E.P. , que representaron Baleiro organizados pola súa tutora, Rebeca Medina: unha obra de teatro centrada na inclusión e a diversidade, coa ensinanza de que “aínda que todos os libros sexamos distintos, formamos parte da mesma biblioteca”.
- Se busca por mar y aire a una mujer que se arrojó al agua en Rande
- Adiós a la antigua GEA de Camposancos
- El furor por el Ozempic para adelgazar vacía las farmacias y los gallegos lo buscan en Portugal
- Los buzos de Gardacostas localizan el cuerpo del pescador de Bueu que se cayó al mar desde su dorna
- Los trabajadores gallegos que rechazan un empleo por su «insuficiente salario» se reducen a la mitad en dos años
- Brutal accidente en Meaño, con cinco heridos
- Un hombre que orinaba en la calle en Pontevedra permite localizar un foco de venta de droga en el centro histórico
- Desgracia en el mar de Bueu: hoy se retoma la búsqueda del pescador que cayó de su dorna cuando regresaba a casa