O colexio Possumus presenta un Proxecto Educativo baseado na formación integral dos alumnos, potenciando as capacidades e destrezas propias de cada unha das etapas educativas. Os fundamentos da nosa educación son a tolerancia e o respecto a todo tipo de crenzas e opinións fomentando unha aprendizaxe solidaria e non discriminatoria. Cremos na educación personalizada, fomentamos a colaboración coas familias e potenciamos unha educación integral promocionando a innovación e calidade educativa.Unha boa calidade de ensinanza contribuiráao desenvolvemento persoal e social dos nosos alumnos.    

O colexio participa en numerosos Proxectos de Innovación Pedagóxica asentados en varias Formulacións Clave:

  • Incorporamos as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs) en todas as actividades docentes como un medio que permite mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe. As TIC son unha ferramenta máis na aprendizaxe dos nosos alumnos, simplifica a interacción na aula e axusta papeis educativos. O centro dispón dunha Aula de Informática e Encerados Dixitais e equipos audiovisuais fixos e portátiles nas aulas. Dende o curso 2012-2013 formamos parte do Proxecto Abalar.
  • Fomentamos unha Formación Integral Personalizada desde o punto de vista intelectual, físico e afectivo-social, tendo en conta as necesidades educativas dos alumnos. Pretendemos que os nosos alumnos sexan capaces de tomar iniciativas, desenvolver criterios autonomamente, vivir as súas propias experiencias, expresar as súas emocións de forma espontánea, canalizar a súa creatividade e involucrarse na súa contorna.
  • Entendemos a Diversidade como a normalidade na aula, no centro e na vida. Partimos dos dereitos que temos como persoas así como dos deberes, asumindo que ser diversos é enriquecedor e que as nosas diferenzas son calidades se están ao servizo dos demais.
  • Realizamos Saídas Didáctico – Culturais a lugares de interese pedagóxico que difunden e desenvolven a cultura nas súas distintas vertentes. Estas saídas artísticas e culturais son piares fundamentais na formación dos alumnos, a través da súa práctica, favorécese o desenvolvemento mental, emocional e persoal dos estudantes.
  • Proporcionamos unha Orientación Escolar e Profesional personalizada aos nosos estudantes, dentro dun clima agradable e motivador e compatible co esforzo. Realizamos unha  Acción Titorial como dimensión da práctica docente que pretende favorecer a integración e participación dos alumnos na vida do centro, realizar un seguimento individual do seu proceso de aprendizaxe e facilitar a toma de decisións respecto do seu futuro académico.
  • Ofrecemos un Ensino Plurilingüe adaptando a metodoloxía ás características e idades dos alumnos. Proporcionamos aos nosos alumnos a oportunidade de formarse no coñecemento de diferentes idiomas conseguindo un bo nivel de comunicación oral.
  • Ofrecemos a colaboración dun Auxiliar de Conversa que mellora a calidade do ensino do idioma, proporcionando un bo modelo de inglés na interacción oral cos alumnos, reforzando a práctica do diálogo con pequenos grupos e fomentando o interese do alumnado pola cultura do seu país de orixe. A súa colaboración esténdese dende a etapa de Educación Infantil á Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Ofrecemos un Plan lector que desenvolve as habilidades lectoras propias de cada etapa para conseguir a suficiente fluidez en cada nivel. Elaboramos un programa de lecturas adecuadas para cada nivel propiciando que os alumnos descubran o gusto pola lectura. Potenciamos o uso da Biblioteca de Aula e a do Centro achegando os medios e as iniciativas necesarias para que os alumnos, familias e profesores a utilicen con asiduidade.
  • Fomentamos a participación e o intercambio de experiencias coas familias. A través dunha excelente comunicación cos pais nas entrevistas individuais, logramos a súa implicación no proceso de ensino – aprendizaxe.
  • Incentivamos a participación dos alumnos en cuestión científicas brindándolles o laboratorio do centro durante todo o curso escolar a todas as etapas educativas. Durante a Semana das Ciencias os alumnos convértense en grandes científicos e dan a coñecer os avances nos seus proxectos de investigación a toda a comunidade educativa fomentando vocacións científicas entre os estudantes.
  • Potenciamos o traballo en grupo e o coñecemento do traballo de campo co noso Proxecto Medioambiental entorno á Horta Escolar.

Os alumnos colaboran no seu mantemento, exploran, manipulan e toman conciencia da actual crise ambiental e os problemas que de ela se derivan. Esta actividade pedagóxica serve como ferramenta para valorar a agricultura como soporte fundamental para o desenvolvemento da economía sostible.

Durante o curso académico 2016/2017 realizaremos un Proxecto Común para todo o Centro, con diferentes puntos de vista nas diferentes etapas:

  • EDUCACIÓN INFANTIL: Dar vida.... ás plantas
  • EDUCACIÓN PRIMARIA: Dar vida.... aos animais
  • EDUCACIÓN SECUNDARIA: Dar vida.... ás persoas

​Os obxectivos que se pretenden acadar, a groso modo son:

  • ​Adoptar novas estratexias no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
  • Sensibilizar aos alumnos no respecto para co medio natural e os seres vivos (incluído o ser humano).
  • Facilitar a participación dos pais/nais no proceso de aprendizaxe dos seus fillos/as.

QUE OFRECE​MOS

EDUCACIÓN INFANTIL (De 3 a 6 anos)

  • Inglés
  • Música
  • Iniciación ás Novas Tecnoloxías
  • Estimulación da Linguaxe
  • Psicomotricidade

 EDUCACIÓN PRIMARIA   (De 6 a 12 anos)

  • Agrupacións Flexibles
  • Desdobres
  • Proxecto Abalar
  • Seccións Bilingües e Plurilingües

EDUCACIÓN SECUNDARIA (De 12 a 16 anos)

  • Segunda Lingua Estranxeira (Francés)
  • Orientación Académica e Profesional
  • Encontros literarios

RECURSOS HUMANOS

  • Expertos Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.
  • Especialistas en Inglés, Educación Física, Música, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Orientadora.

RECURSOS MATERIAIS

EQUIPAMENTO E INSTALACIÓNS

  • Biblioteca: Xeral, de Aula e de Departamento
  • Laboratorio
  • Departamento de Orientación (Aulas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe)
  • Aula de Audiovisuais
  • Aula de Tecnoloxía
  • Aula de Informática e multimedia especializada
  • Obradoiro
  • Aula de Música e Plástica
  • Comedor
  • Aula de Usos Múltiples
  • Ximnasio
  • Dúas aulas Abalar
  • Todas as aulas están dotadas de Encerado Dixital Interactivo, Canón de Audio-Vídeo e Ordenador Portátil
  • Dous patios cubertos e un ao aire libre
  • Horta Escolar

SERVIZOS

  • Servizo Pequenos Madrugadores de balde. O colexio ofrece a aqueles pais e nais traballadoras un servizo de acollida matinal (de 7:30 a 9:00) co fin de que poidan compatibilizar os seus traballos coa entrada dos fillos no colexio.
  • Servizo de Comedor
  • Aula Abalar.
  • Auxiliar de Conversa
  • Actividades extraescolares - Ofrecemos unha ampla gama de actividades extraescolares adaptadas ás diferentes fases e intereses dos alumnos e as necesidades das familias.
  • Informática e Inglés dende os 3 anos