O CEIP Seara atópase ubicado nun enclave privilexiado dentro co concello de Moaña; por un lado ten a Praia da Xunqueira coa Ría de Vigo ao fondo, e polo outro lado os montes e o río da Fraga.

Conta cun espazo aberto moi grande: un campo de céspede artificial, unha pista polidepotiva, un patio cuberto, un ximnasio, un parque infantil e unha zona axardinada bastante ampla. Dispón tamén dun invernadoiro, unha zona de plantas aromáticas e outra zona de árbores autóctonas.

Ten una sala de informática, unha ludoteca, un aula de música, un aula de arte, un laboratorio e unha biblioteca moi ben equipados donde o alumnado realiza moitas actividades.

Neste momento conta con tres unidades de Educación infantil e e oito unidades de Educación Primaria.

Ademáis o profesorado participa en multitude de proxectos de formación e innovación educativa.

  • Dirección: Seara S/N Reibón Meira CP 36955 - Moaña
  • Teléfono: 886 110 253