O CEIP Santa Mariña é un colexio pequeno e familiar, cun proxecto educativo baseado na comunicación e colaboración de todos os membros da comunidade educativa. 

Está situado en Becerreira, nunha zona tranquila, rodeado de naturaleza e con vistas ao mar. Contamos con dúas liñas de transporte, que permiten recoller alumnado nas zonas de Becerreira, Barreiro e Lavadores.

Fomentamos dende o colexio a participación do noso alumnado en actividades que potencien as súas capacidades e espíritu crítico, nas que deban compartir e coordinarse cos seus compañeiros, sempre dende a tolerancia e colaboración entre eles. Ao longo do curso desfrutamos de distintas tarefas nas que participamos todos xuntos: compartimos o tempo e espazo de patio, colaboramos en sesións de contacontos internivel, organizamos talleres,..

O profesorado desenvolvemos as nosas programacións seguindo as propostas dun Proxecto Documental Integrado que parte da Biblioteca Escolar do centro, favorecendo así a coordinación do traballo de todos os grupos.

  • Dirección: Rúa do Xalon, s/n (Becerreira), Cabral, Vigo
  • Teléfono: 886 12 01 75