O noso centro está ubicado nun entorno natural, onde os nenos e nenas disfrutan no tempo de lecer e cando realizamos algunha conmemoración ou actividade deportiva.

Ademais das ensinazas marcadas no Decreto que regula as ensinanzas mínimas a impartir en EI, o alumnado do centro recibe clases de Psicomotricidade e Educación Músical dende os 3 anos. Tamén ofertamos seccións bilingües en plástica e unha hora de informática semanal, ademais das materias de libre elección de centro “Robótica” en 4º de EP e “Francés”, en 6º de EP.

A vida no noso centro xira en torno a os seguintes eixes fundamentais:

·   o desenvolvemento de hábitos saudables a través do programa “Ponte as pilas e móvete”, que pretende promover a práctica de actividade física nos recreos e fomentar a práctica da actividade física fóra do horario escolar, así como aumentar o consumo de froita, e

·   o respecto e coidado do Medio Ambiente, a través do horto escolar, o composteiro, a mostra anual de reciclaxe, a recollida selectiva de lixo, as patrullas verdes...

·   O fomento da Igualdade entre homes e mulleres, mediante a realización de diferentes actividades e a visibilización de mulleres que ocupan ou ocuparon postos habitualmente desempeñados por homes.

Contamos cunha biblioteca chea de segredos que descobres cando te adentras nela. Cada ano, Sabela (a nosa mascota) sorpréndenos cun tema novo. Este ano “Sabela viaxa no tempo”, polo que nos achegaremos ás diferentes épocas da Historia, grazas ao Proxecto Documental Integrado (PDI) no que participa todo o centro e diferentes actividades incorporando progresivamente as tecnoloxías da comunicación (TIC e TAC).

O noso centro tamén recibe visitas de persoas importantes e con oficios interesantes e a colaboración de moitas entidades e empresas do entorno para desenvolver os diferentes programas.

A implicación das familias é moi grande e participan en diferentes actividades ao longo do curso. A ANPA do colexio organiza o Plan Madruga, cando hai demanda, e as Actividades Extraescolares, entre outras. 

  • DirecciónR/ do Ensino, Nº 10- Rubiáns. CP: 36619 - Vilagarcía de Arousa
  • Teléfono: 886 15 18 53
  • Fax: 886 15 18 54
  • Correo electrónico: ceip.rubiáns@edu.xunta.es
  • Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprubians/