Etapas educativas:

  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)

Horarios do centro:

  • Oficina: De 9:00h a 11:00h - De 12:00h a 14:00h
  • Titorías: Martes 18:00h a 19:00h
  • Clases: 9.00h a 14:00h

Servizo complementarios:

  • Comedor (220prazas). Servicio de catering.Xestionado pola ANPA.
  • Aula matinal. Servicio de desayuno voluntario. Dende as 7.30h.
  • Campamento de verán. Mes de xullo

A finalidade educativa do noso centro é proporcionarlle a todos os nenos e nenas unha educación integral que permita aumentar e afianzar o seu desenvolvemento persoal.

A actividade diaria do centro está encamiñada a colaborar, dende esta etapa, na preparación para o exercicio activo da cidadanía e do respecto aos dereitos humanos. Paralelo a esta formación de cidadáns respetuosos, tolerantes, demócratas e críticos tentamos desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade no estudo, así como de actitudes de curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe. E sempre axudando aos nosos alumnos/as a adquirir as competencias necesarias para formar parte da sociedade do mañá.

Somos un centro Plurilingüe: a área de Plástica impártese en Língua Inglesa.

Os nosos alumnos/as dende os 3 anos teñen clase de Inglés.

Os obxectivos anteriormente explicitados tentamos levalos a cabo a través dun proceso de ensinanza-aprendizaxe cooperativo, construíndoo entre todos do xeito máis lúdico e atractivo posible.

Por outra banda estamos dentro de varios programas ofertado pola Administración educativa que inciden favorablemente na consecución dos logros propostos:

  • PROGRAMA PLAMBE. Programa de mellora de bibliotecas escolares.
  • PROGRAMA PLURILINGÜE. Todo o alumnado de Ed.Primaria ten a asignatura de Plástica en Inglés, contando cunha auxiliar de conversa procedente de EEUU.
  • PROGRAMA PROA. Programa de reforzo, orientacion e apoio para os alumnos/as de 3ºa 6º de E.Primaria.
  • DirecciónRúa Garcia Lorca Nº 18 Vigo 36210
  • Teléfono: 886 12 01 37