O Colexio Amor de Dios conmemora a súa exalumna
O alumnado achegouse á figura da escritora e xornalista Begoña Caamaño, homenaxeada nas Letras Galegas 2026, a través de diferentes actividades destinadas a fomentar o coñecemento da lingua e do legado da autora viguesa

Unha alumna do Colexio Amor de Dios pintando un debuxo de Begoña Caamaño. / FdV
Cada 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas, unha das datas máis sinaladas para a cultura e a lingua de Galicia. Trátase dunha xornada dedicada a recoñecer e poñer en valor o legado das figuras máis destacadas da literatura galega, así como a importancia de conservar e transmitir o uso do galego entre as novas xeracións.
Unha celebración que cada ano converte as aulas, rúas e bibliotecas en espazos de encontro coa identidade cultural galega. Así se viviu tamén no Colexio Amor de Dios de Vigo viviu a celebración deste 2026 dun xeito especialmente emotivo, xa que a figura homenaxeada este ano é a escritora e xornalista Begoña Caamaño, exalumna do propio centro educativo.
Lorena Márquez, coordinadora de Educación Primaria do Colexio Amor de Dios, destaca que «a celebración deste ano foi especialmente significativa porque o alumnado puido coñecer máis de preto a figura de Begoña Caamaño e comprender a importancia de coidar, valorar e transmitir a nosa lingua e a nosa cultura». O feito de que a autora formase parte da historia do colexio fixo que a conmemoración se vivise con especial proximidade e orgullo entre alumnado e profesorado.

Alumnado lendo información de Begoña Caamaño. / FdV
Desta maneira, ao longo da semana desenvolvéronse diferentes actividades destinadas a achegar a lingua e as tradicións galegas ás aulas dunha maneira dinámica e participativa. Entre as propostas realizadas destacaron actividades plásticas como a elaboración de bandeiras e marcapáxinas, que posteriormente foron intercambiados entre estudantes doutras clases, ademais de distintas dinámicas adaptadas ás diferentes idades para descubrir a riqueza cultural e lingüística de Galicia.
A programación deixou tamén momentos especiais de convivencia entre o alumnado. Un dos máis destacados chegou da man dos estudantes de 5º de Educación Primaria, que compartiron coa rapazada de 2º a historia e traxectoria de Begoña Caamaño, creando así un espazo de aprendizaxe compartida entre os máis pequenos e maiores do centro. Un encontro interxeracional dentro das propias aulas que serviu para fortalecer vínculos e espertar a curiosidade pola literatura e pola lingua galega.
Desde o Colexio Amor de Dios sinalan que este tipo de iniciativas forman parte da súa aposta por unha educación baseada tamén na transmisión de valores e da identidade cultural. «Seguimos apostando por educar no amor á nosa cultura, ás nosas raíces e á nosa lingua, facendo que o alumnado viva estas celebracións dunha maneira próxima, significativa e chea de ilusión. Porque educar tamén é transmitir valores», conclúen desde o centro educativo.
- Sargento Matanza, el militar que hará el salto de precisión en paracaídas el Día de las Fuerzas Armadas: «Me tiro una media de cinco veces al día»
- La Xunta recomienda mascarillas y gafas en la calle ante la llegada de partículas en suspensión del Norte de África
- Olalla, acogedora de dos hermanos con dedicación exclusiva: «Ni lo haces por ti ni por trabajo o vocación, es una forma de vida»
- No cojas pájaros del suelo: la Sociedad Española de Ornitología recuerda lo que debes hacer si encuentras una cría fuera de su nido
- Los científicos alertan de que el megayacimiento de gas entre Mauritania y Senegal, la infraestructura más profunda de África, pone contra las cuerdas a la pesca
- Una boda de altura, mucho baile, visita a Urgencias y una luna de miel sobre ruedas
- El Día de las Fuerzas Armadas en Vigo, minuto a minuto
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia