O rural galego conquista o certame «Tíralle da lingua»
Manuela Maceira Cortiñas, do CEIP A Lomba, gañou o primeiro premio no concurso de relato oral co tema «Lembrando o rural»

Manuela Maceira, gañadora do «Tíralle da linga». / FdV
No CEIP A Lomba de Vilagarcía de Arousa teñen unha boa nova que celebrar. A súa alumna, Manuela Maceira Cortiñas, estudante de quinto de Primaria, foi a gañadora do primeiro premio da súa categoría do certame «Tíralle da lingua», organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
Este concurso nace co obxectivo de normalizar o uso oral do galego e contribuír a que este idioma se converta nun instrumento habitual de comunicación e creación de historias no ámbito escolar, promovendo a participación do alumnado a través de propostas creativas e actuais.
Un traballo feito en equipo
A profesora Carmen Gago, titora do grupo e docente de materias como Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Sociais, Naturais e Valores, explica que, aínda que é a primeira vez que participan neste certame, ao longo do curso preséntanse a moitas outras iniciativas e concursos educativos. Como ela mesma sinala: «Sempre lles digo que hai que participar, aínda que non se gañe, porque iso non é o máis importante».
Segundo conta, o proxecto foi un traballo compartido por toda a clase: «Participamos todos na construción do texto, foi un traballo conxunto».
«Sempre lles digo que hai que participar, aínda que non se gañe, porque iso non é o máis importante».
Porén, as bases do concurso permitían enviar un único vídeo, polo que finalmente tiveron que escoller unha representante. A elección de Manuela, sinala a profesora, foi unha decisión do grupo e tamén unha aposta pola súa soltura en galego: «Foi un pouco por decisión da clase, porque é unha rapaza que se defende moito en lingua galega».
«Lembrando a vida no rural»
O proxecto premiado leva por título «Lembrando a vida no rural», un vídeo no que se recollen costumes e tradicións do rural galego. Carmen Gago explica que a idea naceu da súa propia experiencia persoal: «Encántame o rural galego porque é a miña infancia. Eu pasei parte da miña vida nunha aldea».
A partir desa lembranza, o alumnado traballou contidos sobre tradicións como a matanza do porco ou a vida cotiá de antes, para achegarlles unha realidade que hoxe xa non coñecen de primeira man: «Eles viviron a época da tecnoloxía, pero teñen que saber que antes tamén foi así».
De estreo en Faro da Escola
Este recoñecemento chega, ademais, nun curso especial para o centro, xa que o CEIP A Lomba acaba de incorporarse este ano ao proxecto ‘Faro da Escola’, impulsado por FARO.
A docente tamén destaca a ilusión coa que o alumnado recibiu a incorporación do centro ao programa Faro da Escola, no que participan por primeira vez este curso: «Teñen ganas, claro que teñen ganas. O que queren son cousas novedosas e traballar dunha maneira diferente, e iso encántalles».
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- El Concello de Moaña contrata, por primera vez, un técnico para acelerar las tramitaciones en todos los departamentos
- Un desahucio sin inquilinos en Vigo que se prolongó año y medio: «Se fueron, dejaron de pagar el alquiler pero no pudimos entrar hasta ahora»