Outono de tradicións no SEI San Narciso
Os alumnos de Primaria celebraron o Magosto e, da man dos estudantes de FP, converteron o pavillón nun espazo de xogos populares para afianzar as tradicións desta festividade

Alumnado do SEI San Narciso. / Cedida
O Magosto é unha das grandes citas do outono galego. Nace da colleita do castiñeiro, arredor de San Martiño, e celébrase en comunidade. O costume é sinxelo: prender unha fogueira, asar as castañas en tixolas con furados, repartir pan e bebida, e cantar mentres se conversa. Non faltan os xogos, o son do tamboril e mesmo tiznar a cara co carbón, a modo de broma.
Por iso, as escolas son o escenario perfecto para mantelo vivo: celebran o outono, transmiten tradición e reforzan a convivencia entre xeracións a través do xogo e da festa.
Nese espírito, este curso o SEI San Narciso deu un paso máis e vinculou o Magosto a unha proposta pedagóxica concreta. Despois da degustación de castañas, o pavillón converteuse nun circuíto de xogos populares deseñado e coordinado polo alumnado de FP do ciclo Técnico Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva (TSEA) para o estudantado de Primaria.
Xogos de sempre
Para seguir coas tradicións, o colexio organizou no pavillón estacións rotatorias con tempos marcados para que todo o alumnado pasase por todas. Houbo carreiras de sacos, tirar da corda, o pano (pañuelo), relevos, tres en raia con carreira e cadeira musical; e, como retos de puntería, a chave e o aro, que piden calma e precisión. Entre proba e proba, as crianzas lucían as caras pintadas co carbón do Magosto, dándolle ao ambiente ese toque festivo e de tradición compartida.
A colaboración da FP TSEA é xa unha marca da casa: o alumnado de primeiro e segundo curso adoita deseñar e dinamizar actividades en cada festividade do centro. Nas palabras de Marcos: «Na FP TSEA sempre colaboramos e deseñamos actividades. Tamén o alumnado de Educación Infantil, como técnicos en EI, prepara propostas para os máis pequenos: fixemos xogos e montamos unha aula de psicomotricidade para Infantil».
Para o alumnado de TSEA, a xornada serviu de laboratorio real. Encargáronse de planificar as probas, montar e sinalizar espazos, explicar normas, velar pola seguridade e avaliar resultados. Traballaron comunicación, liderado, xestión de tempos e deseño de actividades, nun exercicio de aprendizaxe-servizo que conectou currículo e vida escolar.
A organización valora o balance como «moi positivo» polo ambiente, a alta participación e a recuperación do xogo tradicional como recurso educativo.
- Guardias civiles expertos en ciberdelitos: «Vemos a jóvenes gallegos que, por 100 euros, abren cuentas bancarias destinadas a dinero estafado»
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Los dueños del colegio Atalaya deben devolver 180.000 euros que les prestaron 5 docentes por hacerlos indefinidos
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Cae un balcón de un tercer piso en la plaza de Compostela, junto al mercadillo de Navidad: «Pudo haber sido una desgracia»
- Un accidente de moto acaba con la vida del hijo del concejal del PP de Cangas José Luis Gestido