PRIMEIRO PREMIO AO MELLOR DIARIO
O Faro da Escola, un proxecto que nos define e identifica
A Aula Hospitalaria do Álvaro Cunqueiro acadou o primeiro premio ao mellor diario

Abel Caballero e Rogelio Garrido cos gañadores do premio ao mellor diario: Aula del Cunqueiro, Niño Jesús de Praga y CEIP de Laredo. / Marta G. Brea
María Jesús Iglesias
Se o pasado curso iniciamos a experiencia do «Faro da Escola» con moita ilusión, porque desexábamos visibilizar a nosa Aula Hospitalaria e traballar co noso alumnado a importancia da prensa, o traballo periodístico e a creatividade fronte á irrupción da IA, neste entendimos que a trascendencia do proxecto ía moito mais lonxe deses obxectivos e a disfrutamos a tope!
Para toda a nosa especial comunidade educativa, o «Faro da Escola» foi , sobre todo e de inicio, unha maneira de dar «normalidade» ao noso día a día, sempre tan variado e imprevisible, tan diverso, e tamén tan enriquecedor.
Porque somos un cole riquiño e un chisquiño «raro» tamén. Por outra parte, o noso alumnado non é estable, xa que poderíamos dicir que vai ...e ata ás veces tamén vén! Cómpre dicir por outra parte que veñen ás clases en pixama! E por se isto fora pouco, os profes ensinamos en moitos sitios, fóra e dentro do Hospital -acompañándonos ás veces de carriños ou magos, bombeiros ou paiasos- e ata nos domicilios!
Pero xuntos acadamos un fermoso reto, ao querer superarnos e facer desta experiencia un bonito desafío: poder darlle forma ao noso traballo en equipo, implicando nel a toda a «Comunidade Cunqueiro»: alumnado, familias, profes, persoal sanitario, asociacións e ata a algún que outro centro educativo.

X Premios "FARO DA ESCOLA" 2025 / Marta G. Brea
Nós non somos un colexio ordinario, pero grazas ao proxecto, acadamos algo moi importante: un lugar onde aportar as nosas experiencias, os nosos esforzos, o noso traballo e actividades e tamén os nosos momentos de felicidade, que son moitos.
Podemos encher esa necesidade de identidade propia, tan difícil nas nosas circunstancias: alumnas e alumnos de diferentes idades e centros educativos, con distintas situacións de vulnerabilidade e saúde, estados emocionais, etc.

Pedro Fernández
Foi moi emocionante vivir como todo o noso alumnado, sen excepcións, se implicaba a fondo, argallaba ideas para a portada, pasatempos, entrevistas ou reportaxes, ver como afrontaban dificultades e medos,mesmo superaban barreiras, tamén como disfrutaban e compartían ilusións, facían versos, debuxos ou reseñas literarias e ata debates deportivos!
Pero foi tamén un agasallo extra ver como participaban directamente nel familias e profes, enfermeiras, oncólogas, xefas de planta, auxiliares, persoal da cafetería, asociacións...
Para toda a Aula Hospitalaria do Cunqueiro o feito de participar no «Faro da Escola» é xa, sen dúbida algunha, un proxecto que nos define e identifica.
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Davila 17/07/2025
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada