viii edición de faro da escola

A literatura regresa cunha nova edición das charlas de autores

FARO DA ESCOLA recupera as visitas de escritores aos centros participantes, unha actividade na que o alumnado pode disfrutar en primeira persoa do oficio de escribir

Ledicia Costas organizando un quiz cos alumnos de El Pilar na VII edición do proxecto.

Ledicia Costas organizando un quiz cos alumnos de El Pilar na VII edición do proxecto. / FARO

C. M.

Comezamos o ano coas pilas cargadas, e tamén o fan o proxecto FARO DA ESCOLA e os nenos e nenas dos centros participantes, que aproveitaron as vacacións de Nadal para ler aos autores que os visitarán durante este curso.

Ler é un pracer, e xa estamos contando os días para inaugurar a nova edición das charlas con escritores, onde os colexios reciben la visita dos creadores das súas obras infantís e xuvenís favoritas. 

Unha actividade que nace coa intención de apostar pola lectura de primeira man para conectar cos máis pequenos, con todas as vantaxes e diversións que ofrece ler xunto aos compañeiros e compañeiras de clase. Son os propios centros os que escollen que ler, e polo tanto, quen os visitará para explicar o seu proceso de escritura, o funcionamento das editoriais e contestar as dudas dos periodistas de FARO DA ESCOLA.

Hoxe enumeramos algunhas das visitas que xa están planeadas para empezar dentro de moi pouco tempo. 

Por exemplo, os colexios Doutor Suárez, Antonio Palacios e Lar recibirán a Miguel Ángel Alonso Diz, que trae, para os alumnos maiores, as súas Instrucións para ler este libro. 

Anxo Iglesias visitará o CEIP de Portonovo e o Possumus, para ir con eles a “Unha nova dimensión”, mentres que Berta Dávila chegará ao Quiñones de León, ao CEIP Plurilingüe de Rubiáns e ao Virxe Milagrosa con Demetrio perdeu a chispa.

Eva Mejuto fai unha auténtica xira entre os alumnos de 1º e 2º de primaria dos colexios A Carballeira, Bouza Brey, Barreiro, El Castro, Niño Jesús de Praga, Padre Míguez e Sagrado Corazón de Jesús. Todos eles descubrirán o que hai detrás de Cando leo.

Ramón Veiga na súa visita aoCPR Don Bosco no 2022.

Ramón Veiga na súa visita aoCPR Don Bosco no 2022. / FARO

Outro que recorre a provincia cunha Misión princesa é O Hematocrítico, que visita o CEEPR Juan María, o CEIP de Seara, o San Salvador e o Paraixal.

A nota divertida ven da man de Fon, con Cósmico, o bombeiro intergaláctico, que se pasa polos centros San Roque e San Francisco, do mesmo xeito que Jorge Campos leva ao seu Capitán Lentella ao CEIP da Cruz-Budiño e ao CPR Monterrey.

Por último, Ledicia Costas fará as delicias do CEIP Montemogos e o San José de Cluny deixando ás crianzas, seguro, mortas de risa cos seus Minimortos.

As anteriores edicións das visitas

Esta actividade é unha das favoritas do estudantado, que ten a oportunidade de charlar de ti a ti cos seus escritores favoritos en lingua galega.

Ao longo do curso, estes rapaces e rapazas lerán as obras seleccionadas, pero tamén practicarán un dos xéneros xornalísticos por excelencia: a entrevista.

Na edición anterior de FARO DA ESCOLA, por exemplo, o centro Saladino Cortizo recibiu a Ramón Veiga e a historia de Miñoca e Coello. Para esta visita, prepararon xunto aos seus mestres e mestras unha investigación sobre a súa vida e obras previas, e incluso propuxeron unha serie de ideas para as seguintes historias.Tamén pasou polo CPR Don Bosco, onde debuxou distintas versións da MIñoca e o Coello xunto á clase de terceiro de primeria.

Por outro lado, se hai unha experta nas actividades literarias de FARO DA ESCOLA, esa é Ledicia Costas. Na edición do 2022, a clase de sexto de El Pilar recibiuna nunha visita sorpresa, onde repasaron a súa páxina web o proceso creativo, as personaxes máis famosas da escritora (quen pode esquecer a Esmeraldina, a pequena pantasma) e resolveron todo tipo de quizzes.

Como serán as actividades lierarias que nos esperan neste 2023? Estamos desexando descubrilo!