O alcalde e o concelleiro de Educación visitaron o pasado xoves cinco de marzo o CEIP Eduardo Pondal para inaugurar o novo espazo, que foi reformado polo Concello de Vigo.

Para inaugurar a nova infraestructura deportiva, o centro recibiu a visita do alcalde Abel Caballero, que aproveitou a ocasión para felicitar e comentar co colexio o seu recente galardón de Vigués Distinguido.

“A pista estaba moi deteriorada, así que fixemos algunhas fotos e as ensinamos ao concelleiro de Educación. Inmediatamente puxéronse a traballar e nuns meses prepararon unha pista nova para disfrute de todos os alumnos e alumnas”, contan dende a dirección do Eduardo Pondal.

“É unha distinción que consiguen todos os centros que levan más de cincuenta anos ensinando na cidade de Vigo, e no caso do Eduardo Pondal, premia tamén a traxectoria educativa dentro do barrio de Sampaio, salientando os cincuenta anos de magnífica docencia dende 1972”.

A visita do rexidor entretivo aos alumnos CEIP de Chans-Bembrive

O rexidor destacou que o espazo foi transformado nunha “magnífica pista” e que tanto o profesorado como as e os estudantes quedaron “moi satisfeitos tras a obra feita”.

O alumnado preparou actividades deportivas e de baile para o acto simbólico de inauguración; ensaiaron unha danza especial para ensinar a Caballero, e fixeron o que realmente fai falla para probar unha zona destas características: xogar e practicar deporte sobre ela. O rexidor proveitou tamén para poñer en valor a importancia da educación pública, e a atención que dende o Concello queren prestar a todas as escolas (de feito, o rexidor visita os centros de Vigo habitualmente).

A visita, de algo máis de 45 minutos, rematou co alcalde falando cos nenos e nenas, a través dun discurso dedicado aos estudantes, no que resaltaba a importancia de traballar duro e continuar coa súa formación.

Unha actividade agradable tanto para profesores como para alumnos, que ademáis de conseguir un galardón pola traxectoria e unha nova pista de deporte, deixou tamén momentos tan divertidos como o partido entre nenos e alcalde.

Non sabemos que equipo resultou vencedor.