Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Inmersión na lingua inglesa

O colexio María Inmaculada-Carmelitas promove o ensino do inglés cun programa de formación e un intercambio estudiantil

Os grupos de alumnos que compartiron o intercambio lingüístico.

A aposta que o Colexio Plurilingüe María Inmaculada HH Carmelitas de Vigo fai pola formación en lingua inglesa enmárcase dentro dun proxecto educativo que entende indispensable a presenza desta lingua dende o comezo da vida académica do alumno. Responde á necesidade que teñen as novas xeracións de expresarse nunha lingua estranxeira e, prioritariamente, en Inglés, lingua universal por excelencia. O Colexio insiste na preparación dos rapaces para un mundo cada vez máis globalizado, sen perder de vista as necesidades e capacidades individuais, co obxectivo de proporcionarlles a competencia lingüística necesaria para o seu futuro persoal e profesional.

Non só co idioma senon a través do acercamento cultural pretende fomentar o coñecemento intercultural e o entendemento. O Colexio María Inmaculada vén facendo especial fincapé, nestes últimos anos, en determinadas accións que se desenvolven dentro do Proxecto Plurilingüe de Centro, accións que van máis alá do idioma e que reverten, ao fin, nas competencias dos nosos alumnos.

A English Cultural Week é unha desas accións que o colexio, dende o departamento de Linguas Estranxeiras, vén promocionando dende hai nove anos. Trátase de traballar a lingua dende diversos enfoques e dende distintas actividades, de xeito que os nenos se acheguen á lingua de maneira diferente á habitual...xogos, presentacións, teatro de sombras, obras de teatro... Esta metodoloxía esixe una participación activa dos rapaces xa que intenta conxugar o divertimento e a aprendizaxe multidisciplinar. Dependendo das idades tamén desenvolven proxectos relacionados coa cultura, turismo, sociedade e economía.

Falante nativo

A chegada do auxiliar de conversa Thomas Hughes dentro do Programa de Auxiliares de Conversación, CAPS, permite ao centro ter un falante nativo que dá soporte ao Proxecto. Vén representar un recurso importantísimo e moi eficaz para a mellora do ensino e aprendizaxe do Inglés. É, ademais, un vínculo forte cunha realidade, social e cultural, diferente á nosa. Durante a English Cultural Week, Thomas, amosoulles, aos alumnos, mediante a interacción e o xogo, un pouco máis acerca do seu país de orixe, o Reino Unido.

Este ano, a English Cultural Week foi especialmente enriquecedora xa que coincidiu coa acollida dos alumnos do Intercambio Lingüístico co Monomoy Regional High School, (Harwich, USA), despois de ter recibido aos rapaces do colexio no seu país en novembro de 2018. Desde xeito, o Colexio convertíuse nun lugar de encontro multicultural que propiciou novas experiencias no ámbito lingüístico e social. Interaccionaron entre as distintas etapas e cursos, xogaron ao fútbol europeo e americano, visitaron o Casco Vello, o Castro, Museo Liste, , Cangas, Santiago, foron recibidos na Alcaldía...Os nenos amosaron grande interese por aprender e por se integrar noutra realidade e cultura, ademais de actuar cun gran sentido da responsabilidade.

Radio compartida

No marco da Semana Cultural encadrouse tamén a participación dos alumnos do Monomoy Regional High School de Massachussets na emisión de "Carmelitas en la onda", a radio escolar. Alumnos de 3º de ESO prepararon un programa sinxelo con preguntas sobre a escola dos nosos visitantes, cultura, música, deportes e outros temas de interese. Os alumnos españois preguntaron en inglés e os alumnos estadounidenses responderon en español. Despois da grabación do programa, os alumnos de ambos países compartiron un rato de diálogo informal.

Este ano a English Cultural Week ofreceu, ademais, a toda a comunidade educativa, unha viaxe ao pasado para repasar a Historia e revivir o naufraxio e heroico rescate do veleiro Debonaire, en Corrubedo, hai 59 anos. Foi de man de Hanna Slater, neta dos protagonistas, William Oscar Davis y Heather St. Clair Davis, que se atopaba cunha familia da escola formando parte do grupo do Intercambio Lingüístico co Monomoy Regional High School.

No Colexio María Inmaculada é prioritaria a motivación e a participación activa dos alumnos, por iso, tenta fomentar non só o uso das estratexias de comunicación na lingua extranxeira senon valores como a responsabilidade, o respeto ou a integridade que facilitan a formación da mentalidade crítica e a tolerancia.

Compartir el artículo

stats