Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fondos para o plan de dinamización lectora "Ler conta moito"

l l

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, presidiu a reunión do Consello de Cooperación Bibliotecaria que tivo lugar na Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, coa participación de representantes das bibliotecas públicas de titularidade estatal ou autonómica, das bibliotecas municipais, dos centros privados integrados na Rede de Bibliotecas Públicas, das bibliotecas escolares e da Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia.

Un dos principais puntos que centrou a reunión foi a memoria anual da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, na que se deu conta dos novos rexistros e incorporacións á Rede. En total foron tres os centros públicos municipais os que se integraron en 2018: Biblioteca Pública Municipal de Beariz, Municipal Antón de Pepiño do Concello de Curtis e a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros.

Promoción da Igualdade

Unha das principais novidades foi o anuncio de que o programa de dinamización da lectura "Ler Conta Moito" contará este ano cun orzamento de 345.000 euros, 150.000 máis que no exercicio anterior. Unha parte dos fondos destinaranse a promover a igualdade entre homes e mulleres e a prevención contra a violencia de xénero grazas ao acordo de colaboración asinado entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia e a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero. Cultura convocará subvencións a entidades locais para programar actividades de dinamización da lectura destinadas á prevención e sensibilización contra a violencia de xénero nas bibliotecas e axencias de lectura públicas.

Compartir el artículo

stats