Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ensino de igualdade nos centros do rural

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, gabou o esforzo que fan os centros educativos galegos do rural para, malia a seren colexios pequenos, ofrecer ao seu alumnado un ensino en igualdade de oportunidades aos de núcleos de poboación maiores. Fíxoo nas súas visitas aos CEIP de Maceda e Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso, na Pobra de Trives.Neste sentido salientou que o centro trivés, plurilingüe desde o ano 2014, está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe), ademais de incorporarse este curso ao programa Radio na Biblio e desenvolver iniciativas como a de Biblioteca Creativa, que apoia a cultura da experimentación e a investigación dos robots e da linguaxe da programación nestes espazos. Así mesmo, o CEIP Manuel Bermúdez Couso desenvolverá dous contratos-programa, un na liña de Reforzo, orientación e apoio (PROA) e outro na de Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros; e participa no programa de libro dixital da consellería, E-Dixgal.

Pomar agradeceu o traballo dos docentes sen cuxa implicación non sería posible desenvolver estas iniciativas, e destacou o seu interese por continuar mellorando as súas competencias.

Compartir el artículo

stats